Noticias de Hoy
A Pequena e Grande Orquestra en Santiago de Compostela
Fecha: 24/09/2017
Horario: 19:30 a 19:30

A Pequena e Grande Orquestra en Santiago de Compostela

A Pequena e Grande Orquestra en Santiago de Compostela.

A verbena da xente miúda chega cun fermoso espectáculo sonoro que garda lugar para os fitos musicais da música infantil de todos os lugares e tempos e presta especial atención á á música galega. O seu repertorio mestura sons tradicionais, cos grandes éxitos que acompañaron nos 90 a toda a xeración Xabarín e as achegas dos grupos musicais que agromaron no país nos últimos quince anos. Unha chea de sons e de cantigas para facer bailar e cantar ás xentes grandes e pequenas.

A formación da Pequena e Grande Orquestra é de luxo, cun feixe de músicos procedentes da escena musical galega contemporánea.

Carliños Freire á batería
Pablo Vidal no contrabaixo
Javier Costenla no piano Benxamín Vázquez á guitarra

E as voces de:

  • Sabela King
  • Javi Gradín
  • Nerea Bello