Noticias de Hoy
MJ presenta Guerrilleira
Fecha: 18/02/2016
Horario: 20:00 a 20:00

MJ presenta: Guerrilleira, en Santiago de Compostela

MJ Pérez é unha das novas voces da música galega que ven pegando forte. Inicia o seu camiño en 2014 e acumula xa máis de 30 concertos ás súas costas, pasando por diversas salas e incluso festivais como o Noroeste Pop Rock este verán.

Agora presenta o seu último traballo: Guerrilleira. Un álbum cunha ducia de temas vencellados por un motivo común: a guerra. Cada canción fala dunha historia individual e, ao mesmo tempo, o disco conta a historia dun conxunto articulado por un conflito bélico.

Paralelamente á xira mediante a que MJ percorre salas de toda Galicia, a artista presenta tamén o seu último disco dun xeito máis cercano por diferentes librarías galegas. O próximo destino será a Libraría AZETA en Coruña o vindeiro venres 12 de febreiro ás 20:30 h. Desta volta estará acompañada por Inés Mirás (Ivy Moon) ao violín.

Deste xeito, a cantante pretende abrir boca de cara unha nova cita na cidade coruñesa, xa que o 4 de marzo estará na sala Garufa para estrear o seu formato banda en primicia.