Noticias de Hoy
mviI 01
Fecha: 30/03/2018 a 31/03/2018
Horario: 01:00 a 01:00

Mercadiño de Primavera en Santiago de Compostela

Mercadiño de Primavera en Santiago de Compostela.

O venres 30 e o sábado 31 Afundación de Santiago de Compostela acolle o Mercadiño de Primavera. Un total de once marcas de mulleres galegas reúnense na capital con artesanía, moda, complementos, ilustración e decoración para todas as idades.

Un evento que busca a posta en valor das marcas galegas e doutras formas de consumo da man de Awa Brand, Belén Diz, Carballo Artesanía, Casal de Creación, De mayor bombero, Kamazuki Oe, Paula Cheshire, Rous Shop, Sheii Broullón Art, Tramon Mienario e VN Store. Venres e sábado, de 12h00 a 21h00 o deseño galego ten unha cita na capital.