Noticias de Hoy
Les Artuans. Maxia absurda en Santiago de Compostela
Fecha: 11/11/2017
Horario: 18:30 a 18:30

Les Artuáns. Maxia absurda en Santiago de Compostela

Les Artuáns. Maxia absurda en Santiago de Compostela.
Pistacatro Productora de Soños.

Sábado 11 de novembro de 2017 as 18:30 e as 19:15 horas.

Dos creadores de Antuán de la Cream e Arturo Nono. Agora unidos nun mesmo show, nace Les Artuáns. Un espectáculo de maxia cómica, onde o cómico se ve e ... a maxia tamén. Un show para todos os públicos onde se mestura o clown, o mimo, o absurdo, as risas, máis clown, moitas máis risas e tamén un pouco de maxia.

Les Artuáns, clown e maxia unidos sobre o escenario para non parar de rir.

Intérpretes: Arturo Cobas e Antonio Delgado

Pistacatro Productora de Soños, é un colectivo humano constituído como empresa fundado por varios artistas con sede en Santiago de Compostela e pioneira en Galicia en crear, producir e distribuír espectáculos de Novo Circo e Cabaré. Actores e actrices de teatro, músicos, malabaristas, acróbatas e clowns, o heterodoxo grupo de artistas decidiu establecerse como empresa no ano 2006, logo de varios de traxectoria en común.