Noticias de Hoy
absentia
Fecha: 28/04/2017
Horario: 21:30 a 21:30

La Incidente D-T y Cisma Danza estrenana: Absentia, en Santiago de Compostela

La Incidente D-T y Cisma Danza estrenana: Absentia, en Santiago de Compostela.

'Absentia' nace a partir da residencia artística de Cisma Danza e La Incidente D-T no espazo Cancunquinqué, o pasado mes de outubro e desde o 27 de marzo ao 8 de abril, contando coa colaboración do Concello de Santiago, trasladouse á Sala Agustín Magán para a concreción da residencia ténica.

Na escena 3 bailaríns (Leodán Rodríguez, Xiana Vilas e Isabel Sánchez) abren un diálogo corporal sobre o significado da "ausencia", e máis alá do baleiro a ausencia é unha excusa creadora chea de potencial expresivo. Os 3 bailaríns mostran cómo as ausencias poden crear unha ilusión de totalidade, de conexión entre forma e sentido.

O ELENCO
Leodán Rodríguez estudou na Escola Profesional de Arte de Guantánamo (Cuba) e posteriormente na Escola Nacional de danza d eCuba, onde se licencia no ano 2003. Comezou a súa carreira coa compañía Danza Abierta e Retazos Teatro, e no 2004 chega a España para traballar con compañías coma Losdedae. En 2011 crea e dirixe La Incidente D-T, a escola Cancunquinqué e o festival Herdanza, en Santiago de Compostela.

Xiana Vilas titulouse en Danza Clásica polo Conservatorio de Danza Antonio Ruiz Soler de Sevilla e especializouse en interpretación e coreografía en Danza Contemporánea no Institut del Teatre. En 2009 funda a compañía Cisma con Isabel Sánchez e presentan as producións 'Un disfrace equivocado' e 'Entre nanas e escombros'.

Isabel Sánchez é licenciada en Filosofía pola USC e a partir de aí centra o seu interese no estudo do corpo e do proceso comunicativo lingüístico e xestual. Adestrada en danza clásica, moderna e contemporánea, traballa desde 2005 en actividades relacionadas coa danza e a expresión corporal con alumnado de diversas idades. Ademais dos seus traballos con Cisma Danza, en 2014 presentou con La Incidente D-T o espectáculo 'Stay'. Co dirixe xunto a Leodán Rodríguez o espazo Cancunquinqué e, tamén xunto a el e Xiana Vilas, o festival Herdanza.