Noticias de Hoy
Kumano Kodo
Fecha: 24/01/2019 a 30/04/2019

Kumano Kodo: Unha peregrinación a través do tempo

Kumano Kodo: Unha peregrinación a través do tempo.

Ocupando a península de Kii, ao sur de Kioto, emperadores, cortesáns, samurais, ascetas e ultimamente peregrinos de todo o mundo, levan percorrendo esta ruta desde fai máis dun milenio.

Galicia e Wakayama están unidas por un acordo de irmandamento desde o ano 1998. Ambas as rexións comparten a honra de contar coas rutas de peregrinación máis antigas do mundo declaradas Patrimonio Mundial pola UNESCO, que ademais están a experimentar un crecente interese turístico ano tras ano.

A mostra está composta por 37 fotografías en cor e branco e negro froito das dúas viaxes que os fotógrafos, Luís Gago e Aoife Nin Dhubhda, fixeron á prefectura de Wakayama en Xapón no outono de 2017 e primavera de 2018 para percorrer a rede de camiños coñecida como Kumano Kodo.

A presente exposición fotográfica pretender achegar a beleza das terras e xentes do Kumano Kodo á cidadanía galega e a todos aqueles que visiten o Museo das Peregrinacións, a fin de entender mellor unha cultura afastada no mapa, pero próxima en canto á defensa das súas tradicións e desafíos futuros.