Noticias de Hoy
Jardin de la Croix
Fecha: 26/04/2014
Horario: 21:30 a 21:30

Jardín de la Croix

Jardín de la Croix é una banda instrumental, formada no 2006 en Madrid, que practica unha mestura entre o Post Rock, Math Rock e Rock Progresivo. Dende a súa formación, a banda publicou 3 discos, o último deles en febreiro do 2013 titulado «187 Steps to cross the Universe». Os 4 temas que forman este disco, homenaxean a vida do inventor e enxeñeiro croata Nikola Tesla, explorando situacións vividas e facetas da súa vida cotián.

O disco foi gravado nos estudos "Sadman Estudios" en Madrid baixo a man do galego Carlos Santos y masterizado por Jens Bogren (Fascination Street).

Tódolos seus discos pódense descargar e escoitar gratuitamente.

Ao longo destes 8 anos compartiron escenario con bandas de gran renome internacional coma: Russian Circles (USA), This Will Destroy You (USA), Caspian (USA), God Is an Astronaut (UK), Baroness (Usa), Graveyard (Ger), And So I Watch You from Afar (UK), Maybeshewill (UK), Scale the summit (USA), The Ocean (Ger), Amplifier (UK); e tamén outras bandas nacionais coma Toundra e Adrift.

Neste 2014 publicarán 1 videoclip, 2 live studio, continuarán coa presentación do disco e seguirán co proceso compositivo do seu 4 albume; preparando un 2015 cheo de grandes novas coma unha xira europea e a publicación deste mesmo albume.

Veñen a Galicia por primeira vez na súa traxectoria xa consolidados coma unha das grandes bandas do panorama underground nacional e cun potentísimo son en directo a base de frenéticos tappings e trocos de ritmo electrizantes.

Uppercut abrirán o camiño para eles (Jardin de la Croix) coa súa música de xente asustada.Pero non asustada en plan de fuxir correndo, senon asustada da que devolve os golpes e se revolve como unha anguila perfecta. Móvense sen parar, arriba e abaixo pero sobre todo arriba. Ás veces son como unha patada e outras como un abrazo.

Escoitalos é como estar casado cun boxeador cubano de gran corazón pero moi temperamental: ó final o sexo é marabilloso. Morden, atacan en vertical e en gallardo, pum, pum, pum. Parece que non, pero saben o que necesitas. Son como intelectuais sen a pretenciosidade, poñendo toda a cabeza en construír unha cousa chea de beleza. E inda por riba como se fora sen querer. Hai xente que o ten, e non é culpa de ninguén.

ticketea1