Noticias de Hoy
inmedioteces
Fecha: 30/09/2016
Horario: 00:30 a 00:30

Inmedioteces, con Pedro Brandariz y Víctor Grande en Santiago de Compostela

Inmedioteces é unha orixinal proposta de improvisación teatral creada por Pedro Brandariz e Víctor Grande baixo a dirección de Oswaldo Digón.

Os humoristas, coa cooperación do público, irán creando e desenvolvendo diferentes historias breves que, ademais de cómicas, serán espontáneas e únicas. Formando parte dese proceso creativo, os asistentes a estes monólogos de improvisación esquecerán o papel tradicional do espectador, de xeito que esta co-presenza acabará convertendo o espectáculo nunha experiencia máis compartida que transmitida.

Para a posta en escena desta representación non hai un ideal escénico previo nin elementos técnicos ou escenográficos, senón que o real é a presenza física, a palabra e a imaxinación de Brandariz e Grande. O desenvolvemento de cada sketch é simultáneo ao propio proceso de creación, cobrando así vida propia no escenario.

Convidámovos e animámovos a que vivades e formedes parte desta orixinal experiencia teatral o vindeiro xoves 29 de setembro. Seguro que non vos arrepentiredes.