Noticias de Hoy
Santiago 16 Maio
Fecha: 16/05/2018
Horario: 22:30 a 22:30

Imposible matar la belleza, en Santiago de Compostela

Imposible matar la belleza, en Santiago de Compostela.

Imposible matar la belleza é un dos espectáculos en xira de Teatro del Abrazo. Un texto sobrecolledor escrito e interpretado por Moisés Mato. Este actor e director de teatro de orixe galego, que habitualmente vive en Madrid, presentará este monólogo o 16 de Maio ás 21´30 horas no Centro Xove Da Almáciga. Seis historias entrecrúzanse a un ritmo de vertixe durante unha hora. Todas xiran ao redor dunha polea, que constitúe o elemento simbólico no que se unen as sorprendentes biografías que se despregan sobre as táboas. Son historias reais, que o propio autor coñeceu de primeira man, en diferentes momentos da súa vida.
A beleza á que se refire o título é a dignidade de seres humanos capaces de cambiar o curso dos acontecementos a partir de actos extremos de amor. Eses actos configuran un antes e un despois e fan real a sentencia de Dostoyevski: a beleza salvará o mundo.

Este espectáculo va precedido dun obradoiro sobre a resolución de conflitos a partir do teatro da Escoita. O obradoiro ten unha duración de 4 horas (De 16 a 20h.) e será impartido polo propio actor. Todas as persoas que o desexen poden inscribirse no taller de forma gratuíta dirixiéndose ao Centro Xove (máis información no 681 601 920). As dúas actividades están impulsadas pola Campaña Noviolencia 2018 que pretende difundir a cultura da nonviolencia en todo o estado. A entrada é libre.