Noticias de Hoy
holi_cabeweb
Fecha: 05/05/2018
Horario: 13:00 a 13:00

Holli Gaias en Santiago de Compostela

Holli Gaias en Santiago de Compostela

Tras o éxito do ano pasado, na que se esgotaron decontado todas as prazas para participar, sabemos que ides ser moitos e moitas os/as que ides vir festexar a chegada da primavera á Cidade da Cultura de Galicia participando na carreira máis multicor e divertida de Galicia,  a Holi Gaiás!

Trátase dunha actividade saudable e lúdica para participar en familia e na que o espírito competitivo queda de lado e dáselle protagonismo á diversión e ao contacto coa natureza.  Precisamente, como novidade este ano, e tentando fomentar o coñecemento e goce do Bosque de Galicia, o percorrido realizarase a través dos sendeiros do Bosque de Galicia.

O que se mantén da edición do ano pasado son os animadores e música durante todo percorrido: 5 quilómetros pola Cidade da Cultura e a súa contorna natural. Deste xeito, a Holi Gaiás permitirá descubrir e gozar do complexo de Peter Eisenman e do gran pulmón verde da capital galega nun ambiente festivo que lembrará o popular festival de primavera celebrado tradicionalmente na India, Guyana e Nepal, no que se festexa a chegada da nova estación cunha explosión de cores.

Preparade as zapatillas deportivas para participar de cheo nunha carreira na que a cor e a diversión marcarán os vosos chanzos e nas que as marcas persoais deben esixirvos unicamente divertirse, bailar, emporcarse fermosamente con polvos de cores e, como que non, facer algo de deporte. 

A divertida, singular e de multicor Holi Gaiás é a que marca  ás 12 horas o comezo de actividades de Cidade Verde 2018 que conta con outras dúas actividades en contacto coa natureza: Andainas Cidade Verde e Papaventos no Gaiás

Holi Gaiás conta con dúas categorías:

  • Categoría escolar: ano de nacemento entre 2003 e 2008
  • Categoría adultos: ano de nacemento en 2002 ou anteriores

A pesar do carácter lúdico e non competitivo desta carreira, si que se homenaxeará cunha medalla conmemorativa cos tres primeiros corredores de cada categoría.