Noticias de Hoy
Guillermo Tell en Santiago de Compostela.
Fecha: 30/10/2017 a 31/10/2017

Guillermo Tell, en Santiago de Compostela

Guillermo Tell, en Santiago de Compostela.

Luns 30 de outubro de 2017: 10:00 e 12:00 horas.
Martes 31 de outubro de 2017: 10:00 e 12:00 horas.

Unha frecha, unha mazá, unha criatura, a aventura dun valente ballestero... son as imaxes máis próximas que os pequenos asocian coa figura de Guillermo Tell. A partir da adaptación e redución realizada pola Compañía de Comediants A Baldufa, poderán descubrir a lenda deste heroe medieval protagonista dunha ópera escrita por Gioacchino Rossini. Guillermo Tell é unha produción do Gran Teatro do Liceo.