Noticias de Hoy
amal 2019
Fecha: 21/10/2019 a 25/10/2019
Horario: 01:00 a 01:00

Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal 2019 de Santiago de Compostela

Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal 2019 de Santiago de Compostela.

Todas as proxeccións realizaranse no TEATRO PRINCIPAL

VENDA DE ENTRADAS

  • DESPACHO DE BILLETES DO TEATRO PRINCIPAL
  • Con horario de 19.00h. a 22.00h.
  • A sesión de apertura e gratuíta.
  • A sesión das 20.00 h. e das das 22.00 h. teñen un custo de 3€.
  • Todas as proxeccións teñen aforo limitado.

XORNADA INAUGURAL

LUNS 21 OUTUBRO | 20.00H TEATRO PRINCIPAL

Entrada de balde ata completar aforo

LA GUERRA EMPIEZA AQUÍ  (DOC)

Joseba Sanz | 2018 | España | 64’

O 13 de marzo do 2017, Ignacio Robles, bombeiro de Biscaia, negouse a participar nun operativo de seguridade no porto de Bilbao. A manobra tiña como obxectivo o envío de toneladas de armamento fabricado en Euskadi a Arabia Saudita.


MARTES 22 OUTUBRO | 20.00H TEATRO PRINCIPAL

3€ - SKY AND GROUND (DOC)

Talya Tibbon, Joshua Bennett | 2018 | USA | 86’

‘Sky and Ground’ cóntanos a historia dos Nabi, unha familia siria-kurda que viaxa ilegalmente durante tres meses dende Aleppo a Alemaña. Un relato no que se mestura o medo coa esperanza por unha vida mellor.


MARTES 22 OUTUBRO | 22.00H TEATRO PRINCIPAL

3€ - LOOK AT ME (FIC)

Nejib Belkadhi | 2018 | Catar, Tunes, Francia | 96’

A vida de Lofti, un inmigrante asentado en Marsella, cambia drasticamente o día que recibe unha chamada do seu irmán desde Tunes. A súa ex-esposa acaba de sufrir un infarto e Lofti tense que facer cargo do seu fillo autista de 9 anos.


MÉRCORES 23 OUTUBRO | 20.00H TEATRO PRINCIPAL

3€ - YOMEDDINE  (FIC)

Abu Bakr Shawky | 2018 | Exipto | 93’

Beshay nunca saíu da colonia de leprosos na que o abandonaron sendo un neno. Tras a morte da súa muller decide coller as súas escasas pertenzas e ir en busca das súas raíces xunto a Obama, un mozo orfo que se une a el no camiño.


MÉRCORES 23 OUTUBRO | 22.00H TEATRO PRINCIPAL

3€ - HAMADA (DOC)

Eloy Domínguez | 2018 | Suecia, Noruega, Alemaña | 89’

Beshay nunca saíu da colonia de leprosos na que o abandonaron sendo un neno. Tras a morte da súa muller decide coller as súas escasas pertenzas e ir en busca das súas raíces xunto a Obama, un mozo orfo que se une a el no camiño.


XOVES 24 OUTUBRO | 20.00H TEATRO PRINCIPAL

3€ - SOUFRA  (DOC)

Thomas Morgan | 2017 | USA, O Líbano | 73’

‘Soufra’ narra a historia de Mariam Shaar, unha muller nada no campo de refuxiados palestinos de Burj El Barajneh (Beirut) que trata de crear unha empresa de catering como medio de supervivencia económica, social e persoal para as mulleres da súa comunidade.


XOVES 24 OUTUBRO | 22.00H TEATRO PRINCIPAL

3€ - MAFAK - SCREWDRIVER (FIC)

Bassam Jarbawi | 2018 | Palestina, USA, Catar | 108’

Despois de 15 anos de prisión Ziad non recoñece o mundo que o rodea. A tecnoloxía cambiou, a sociedade non é a que era e empeza a comprender que os seus problemas non son só sociais, senón tamén psicolóxicos. Ziad sente que a súa única escapatoria pasa por volver ao momento no que se atopaba 15 anos atrás, con todo o que iso implica.


VENRES 25 OUTUBRO | 20.00H TEATRO PRINCIPAL

3€ - RENAULT 12 (DOC)

Mohamed El Khatib | 2018 | Francia, Bélxica, Marrocos | 78’

Pouco despois do pasamento da súa nai, Mohamed El Khatib (actor e director do filme), recibe unha chamada de teléfono do seu tío para que acuda co vello Renault 12 familiar ao Rif marroquí para recoller a súa herdanza.


VENRES 25 OUTUBRO | 22.00H TEATRO PRINCIPAL

3€ - CAPHARNAÜM (FIC)

Nadine Labaki | 2018 | O Líbano, Francia | 126’

Zain, un neno de doce anos intelixente e valente, sobrevive aos perigos das rúas da cidade grazas ao seu enxeño. Fuxindo dos seus pais e facendo valer os seus dereitos, recorre á xustiza para demandalos polo ‘crime’ de darlle a vida.