Noticias de Hoy
1707159
Fecha: 12/04/2018 a 03/06/2018
Horario: 01:00 a 01:00

Exposición Segura Torrella en Santiago de Compostela

Exposición Segura Torrella en Santiago de Compostela

Afundación, a Obra Social de ABANCA, presenta a exposición «Segura Torrella» en Santiago de Compostela. A mostra presentarase nunha rolda de prensa que terá lugar mañá xoves 12 de abril, ás 11.00 h, no Centro Obra Social ABANCA (praza de Cervantes, s/n) e nela intervirán a viúva do artista, Julia Losada; o coordinador de Responsabilidade Social Corporativa e Institucional de Afundación e director do proxecto expositivo, Fernando Filgueiras; e o responsable da Colección ABANCA, Diego Cascón. Poderase visitar ata o vindeiro 3 de xuño de luns a venres en horario de 11.30 a 13.30 h e de 17.00 a 21.00 h.  

Esta exposición dedicada ao artista ferrolán Ricardo Segura Torrella, conformada por 33 obras, pretende servir como mostra antolóxica da obra pictórica do artista ferrolán, cunha selección dos temas que tratou ao longo da súa traxectoria artística, entre os que destacan o retrato, a paisaxe e o bodegón.