Noticias de Hoy
cadeira
Fecha: 05/04/2017 a 05/11/2017
Horario: 01:00

Exposición: Da árbore á cadeira, en Santiago de Compostela

Exposición: Da árbore á cadeira, en Santiago de Compostela.

Da árbore á cadeira propón unha viaxe emocional da materia ao produto, da madeira ao mobiliario doméstico. Comisariada polo arquitecto Carlos Seone, a mostra dirixirá a ollada dos visitantes cara á riqueza ambiental dos bosques, a tradición en Galicia dos oficios vinculados ás artes da madeira e ao deseño contemporáneo do moble. 

Este percorrido comeza nos propios bosques galegos, baixo a ollada de fotógrafos como Manuel Vilariño, Vari Caramés, Xosé Caruncho, Juan de la Sota ou Juan Rodríguez; grandes artistas plásticos como Castelao, Seoane, Maside e figuras contemporáneas como Pamen Pereira ou Jorge Perianes. Nunha segunda etapa deste percorrido, a exposición ofrece unha viaxe polo deseño desde os pioneiros (Isaac Díaz Pardo, Alejandro e Jesús de la Sota e Xosé Bar Bóo) ate os contemporáneos, entre os que se atopan moitos dos grandes arquitectos e deseñadores galegos, como Manuel Gallego Jorreto, Irisarri e Piñera, Noguerol e Díaz, Iago Seara, Carlos Quintás, Creus e Carrasco, Tomás Alonso, Elías Cueto, Lucía Buceta ou Iñaki Leite.