Noticias de Hoy
patapatum_237_0
Fecha: 06/04/2019
Horario: 19:30 a 19:30

Elefante Elegante presenta: Patapatúm, en Santiago de Compostela

Elefante Elegante presenta: Patapatúm, en Santiago de Compostela.

Patapatúm é un espectáculo na liña do traballo xestual do Elefante Elegante cunha forte compoñente plástica e musical. Propón unha reflexión sobre a presenza dos bens materias nas relacións entre pais e fillos. As nais e pais cun relativo poder económico, desexando a felicidade dos seus fillos, adoitan ofrecerlles moreas de xoguetes e intentan buscarlles ocupacións permanentes para estimulalos, para que se desenvolvan e non se aburran. Pero o aburrimento non é sempre negativo, pode ser estruturante e desenvolver a súa creatividade. Por outra banda, pode acontecer que ese obxectos materiais, eses agasallos, intenten colmar a falta de tempo que os proxenitores teñen para dedicar aos seus fillos.