Noticias de Hoy
02_donde_el_bosque_se_espesa
Fecha: 18/10/2019
Horario: 21:30 a 21:30

Donde el bosque se espesa, en Santiago de Compostela

Donde el bosque se espesa, en Santiago de Compostela.

Antonia e Isabel reciben o día da morte das súa nai unha caixa pechada que a defunta mantivo durante anos e de cuxa existencia non sabían. Esa caixa contén algunhas cartas, fotografías e obxectos que cuestionan todo o que creron sobre a súa familia. Isabel négase a mirar e non fai preguntas. Antonia e a súa filla Ana, con todo, buscan, preguntan e perseguen a pantasma dun avó e un bisavó que non parece ser o que creron. Todo iso para desgusto de Zoran, o marido e pai iugoslavo das nosas protagonistas. A procura do avó lévaas a emprender unha viaxe real e física que comezará en Santander e terminará en Banja Luka, alá na afastada Bosnia, levándonos a Barcarés, Lourdes, París, Toulouse, Mauthausen, Roma, Sarajevo... Cada obxecto abre unha xanela, cada xanela abre unha morea de preguntas e cada resposta abre unha ferida. O regreso a España será a vitoria de dúas mulleres que veñen cargadas de malas noticias, unha dor irreparable e un coñecemento das persoas que a rodean que farán que a súa vida nunca sexa o mesmo outra vez.