CortaPega 2018 de Santiago de Compostela

Fecha 20-10-2018
Hora 22:30
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

O festival de música electrónica Cortapega regresa a Santiago de Compsotela na súa 5ª edición o 20 de outubro na Sala Malatesta,

Cortapega, o festival de música electrónica de Desconcierto Cultural contará cunha nova edición este outono. O festival continúa na súa procura de servir como mostra de distintas manifestacións da música electrónica e apostando de xeito especial por artistas emerxentes. Nesta quinta edición o espazo que albergará o festival será a Sala Malatesta.

Con propostas heteroxéneas coas que reivindicar a riqueza de estilos que ofrece a música electrónica como concepto e dando un claro protagonismo a formatos live, ponse en valor un cartel ecléctico, encabezado polo norteamericano Container e o seu techno de alto voltaxe. A fértil escea electrónica galega terá unha presencia moi destacada, co rotundo directo de Músculo! e con Huma, outro proxecto que conta cun intenso live, acompañado para a ocasión polas visuais de Interruptor. Completan esta edición Boneco, electrónica de corte melódico que non renuncia á experimentación e Allova, un proxecto que parte da música clásica e o jazz para adentrarse nos terreos do trip-hop. Pechará a xornada un DJ set a cargo de Sutan, que nos fará voar entre pezas de techno ambiental e house espacial.

As entradas para as pódense adquirir na web do festival e en A Reixa Tenda, a un prezo de 12€. O prezo en billeteira será de 15€.

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×