Noticias de Hoy
deborah_garcia_bello
Fecha: 14/11/2019
Horario: 19:30 a 19:30

Conferencia "As nenas non estudan ciencias e outros mitos" en Santiago

Conferencia "As nenas non estudan ciencias e outros mitos" en Santiago.

Charla de Deborah García Bello

A química e divulgadora científica Deborah García Bello derriba, da man da ciencia, uns cantos mitos e bulos que se difunden dende os medios de comunicación, a publicidade, as redes sociais e o boca orella xerando medos e desconfianza. Desinformacións que afectan ao noso día a día, en canto a alimentación, a saúde, a cosmética, a educación, o medio ambiente... e que coartan a nosa liberdade.

Grazas ao coñecemento científico tomaremos mellores decisións e, polo tanto, seremos máis libres. E o máis importante de todo: viviremos tranquilos e tranquilas.

Deborah García Bello é química e divulgadora científica. É a colaboradora especialista en Química do show científico de televisión Órbita Laika (La 2, TVE), en Aquelando, o programa de ciencias da TVG e no Galicia por diante da Radio Galega. Traballa como divulgadora para diferentes medios de comunicación e empresas e escribe no Cuaderno de Cultura Científica da Universidade do País Vasco. Desde 2016 é a directora científica das xornadas Ciencia y Arte de Bilbao que organiza para a Universidad del País Vasco, en colaboración coa Biblioteca Bidebarrieta e o Museo Guggenheim de Bilbao. Escritora na Editorial Planeta é columnista en En grafito de La Voz de Galicia e colaboradora oficial de Naukas, a maior plataforma de divulgación científica de España. Tamén é colaboradora do programa Efervesciencia, Radio Galega (FECYT-USC) e escritora da editorial Next Door Publisher.
É membro da Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica e da Asociación Española de Comunicación Científica.

É a autora do blog dimetilsulfuro.es, polo que recibiu o Premio Bitácoras 2014 ao mellor blog de ciencia nacional. É autora do libro Todo es cuestión de química (Ed. Paidós, 2016), galardoado co Premio Prismas ao mellor libro editado sobre divulgación científica en 2017. Pola súa actividade divulgadora recibiu un premio Jot Down Ciencia en 2017 e o Premio Tesla á divulgación en 2016. Ademais, é autora do poemario Megalomanía (Ed. Vitruvio, 2003) e participou en decenas de antoloxías poéticas. En 2018 saíu á venda o seu último libro ¡Que se le van las vitaminas! (Ed. Paidós, 2018), que xa vai pola súa 5ª edición.

No salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.