Noticias de Hoy
marcos teira
Fecha: 15/02/2019
Horario: 20:30 a 20:30

Concierto de Marcos Teira en Santiago de Compostela

Concierto de Marcos Teira en Santiago de Compostela.

NÓs é o terceiro traballo dun proxecto discográfico que comezou con Solo e seguiu con Flamenco Translations.

Con este disco péchase o círculo; tres discos arredor da idea de traducir, adaptar e resituar músicas partindo da linguaxe da guitarra flamenca.

NÓs é un traballo máis colectivo que os dous anteriores. Nel participan un feixe de músicos que achegan personalidade a esta busca sonora.A corda e a madeira son os elementos fundamentais para construír o son deste disco que ten a translations trío como pedra angular.

NÓs é mestizo e persoal, e as músicas que o compoñen viaxan a través dunha nova e suxestiva paisaxe sonora.

marcos teira, guitarra
alfonso calvo, contrabaixo
moisés fernández, caixón
isaías salazar, baile
alejandro vargas, piano