Noticias de Hoy
Chotokoeu
Fecha: 19/12/2015
Horario: 21:30 a 21:30

Concierto de Chotokoeu + Tropico Grelos + Brinkadelia + Hadri Hache en Santiago de Compostela

Concierto de Chotokoeu + Tropico Grelos + Brinkadelia + Hadri Hache en Santiago de Compostela.

Con máis de 300 concertos ás costas en 5 anos e 6 xiras europeas, Chotokoeu é un dos grupos galegos con máis proxección en Europa; a sua festiva proposta abrangue estilos coma o Balkan, o Rock, o Swing e o Drum&Bass e a súa vocalista (e violinista) entoa os temas en galego, castelán, italiano e inglés, á fronte dun colectivo de sete persoas que leva oito anos nos escenarios e foi evolucionando ata a dedicación exclusiva á música.

En novembro e decembro de 2015 presentan o seu novo disco, Saír a voar, que gravaron en Francia a principios de ano. Estiveron traballando nel amodiño e con agarimo para sacalo á luz e, por suposto, levalo de viaxe con eles nunha xira na que percorrerán 6 países en 15 días (Alemania, República Checa, Austria, Suíza e Francia) e continuarán pola península con concertos en Murcia, Elche, Granada, Madrid, Bual, Ourense, Vitoria e Compostela. Como fin de xira, estarán na Sala Garufa Club, o 26 de decembro ás 22:00, nun evento moi especial, as entradas anticipadas custan 5 euros e 7 euros en taquilla (pódense adquirir físicamente no Garufa Club, na Repichoca, en Rockbox e en Casa Pombo e online en www.chotokoeu.com).

Web: www.chotokoeu.com

 

Fecha: 19-12-2015

Hora: 21:30

Local/Lugar: Sala Malatesta

Localidad: Santiago de Compostela