Noticias de Hoy
Concierto de Airas Ensemble en Santiago de Compostela
Fecha: 01/10/2016
Horario: 21:30 a 21:30

Concierto de Airas Ensemble en Santiago de Compostela

Concierto de Airas Ensemble en Santiago de Compostela.

Foi o desexo de volver tocar xuntos e compartir de novo o camiño, o que impulsou a reunión deste grupo de músicos vencellados polo entusiasmo e a inquietude. Algúns deles coñecíanse de tempo atrás, despois de coincidir na Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia, Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia ou Joven Orquesta Nacional de España, e outros coñécense xa no mundo profesional compartindo atrís en orquestras como a Real Filharmonía de Galicia. As traxectorias vanse cruzando ata a decisión de formar Airas Ensemble, coma quen recompón e ensambla as pezas dun crebacabezas. Esta formación está composta por algúns dos máis destacados solistas de vento de España, músicos cunha destacable traxectoria que desenvolven as súas carreiras na Sinfónica de Bilbao, o European Chamber Ensemble, a NDR Radiophilharmonie, Real Filharmonía de Galicia, Orquesta Vigo 430, etc. O grupo nace co obxectivo de desenvolver ao máximo as posibilidades sonoras e cromáticas dos instrumentos de vento combinados co piano ou sós. No seu repertorio cabe case calquera formación. Isto permite que os seus concertos abranguen varios períodos da historia da música de cámara, o que introduce unha variedade de estilos e de resultados tímbricos moi interesantes. Por riba de todo, o seu obxectivo é gozar da música e facer gozar a quen os escoita.