Noticias de Hoy
Fecha: 29/07/2017
Horario: 01:00 a 01:00

Concierto Chané na Habana nas festas do Apóstol 2017

Festas Apóstol 2017

Concierto Chané na Habana nas festas do Apóstol 2017

Presentamos Chané na Habana, o espectáculo co que 16 músicos de Galicia e de Cuba -tamén de España, de Hungría, de Xapón ou de Romanía- homenaxearán ao xenial compositor, figura fundamental da Historia da música galega.

Unha proposta extraordinaria da que só se ofrecerán dous concertos, nas principais cidades chanelianas:
- En Compostela, o 29 de xullo, na Praza da Quintana
- Na Coruña, o 3 de agosto, na Praza de María Pita

A presentación contará coa participación de:
- O músico cubano Alejandro Vargas e a cantante galega Rosa Cedrón, que ofrecerán en exclusiva para a prensa asistente un petisco do espectáculo
- Manuel Dios Diz, concelleiro de Educación e Cidadanía de Santiago de Compostela
- José Manuel Sande, concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento da Coruña
- Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña

Conducirá o acto Ramon Pinheiro, director artístico do proxecto.

Contamos coa vosa presenza.