Compostela + Solidaria 2018

Fecha 25-05-2018 a 15-06-2018
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Compostela + Solidaria 2018.

Exposicion Fotografica

DO 29 DE MAIO AO 24 DE XULLO TECEDORAS DO CAMBIO.

Historias de lideresas comunitarias que loitan por unha vida digna en América Latina, África e Asia. Museo do Pobo Galego Exposición composta por 23 fotografías de mulleres de 14 países. Todas elas, mulleres imprescindibles para o desenvolvemento das súas comunidades. Labregas, pescadoras, defensoras de dereitos, promotoras de saúde, activistas e mariscadoras que, xunto a organizacións dos seus países, están a traballar man a man con ONGD galegas. Unha exposición que visibiliza, dá voz e pon en valor a historia de vida e de loita destas 23 mulleres. A exposición inaugurarase o 29 de maio ás 11.30 h.

Estará aberta ao público en horarios de 10.30 a 14.00 e de 16.00 a 19.30 h de martes a sábado. Os domingos e festivos de 11.00 a 14.00 h.

Mostra de curtametraxes sociais

E COLOQUIO CO DIRECTOR DE MATRIA, ÁLVARO GAGO 31 de maio ás 21.15 h // cinema NUMAX

Este ano tamén incorporamos ao Cinema Numax ao Compostela + Solidaria. Organizamos conxuntamente unha sesión de curtas sociais de ficción de directores e directoras de distintos países nas que se tratan temas como o racismo, as migracións, os abusos contra a infancia ou a violencia machista. Ao rematar, haberá un coloquio no que participará Álvaro Gago, o director da aclamada curtametraxe Matria, no que falará sobre o papel do arte e o cinema na denuncia social e responderá ás preguntas do público. Será unha sesión aberta, de balde, que precisará de inscrición previa na propia páxina web de NUMAX (https://numax.org) ou escribindo ao correo info@numax.org

As curtas que se proxectarán son:

DAMIANA. Dirixida por Andrés Ramírez Pulido 2017 14 minutos Nas profundidades da selva, un grupo de nenas adolescentes permanecen baixo vixilancia. A pesar do abandono e a hostilidade, Damiana espera ter algún contacto co seu pai.

TOUT LE MONDE AIME LE BORD DE LA MER. Dirixida por Keina Espiñeira 2015 15 minutos Un grupo de homes espera nas marxes dun bosque costeiro para viaxar a Europa. Atópanse nun limbo entre o tempo e o lugar. Alí filmase unha película na que documental e ficción entrelázanse constantemente. A paisaxe muda, onde están xa non é o seu fogar. Non hai praias bonitas, a auga non é transparente, non é clara. No bosque, contos do pasado colonial fúndense co presente estático.

A DROWING MAN. Dirixida por Mehli Fleifel 2017 15 minutos Fatah atravesa as rúas da actual cidade de Atenas intentando atopar diñeiro suficiente para pasar a fronteira. Na súa viaxe, atopa a sabedoría e a desesperación que impregna este lugar e define a súa existencia.

MATRIA. Dirixida por Álvaro Gago 2017 20 minutos Ante os desafíos que presenta a súa rutina diaria, Ramona trata de refuxiarse na relación que a une a súa filla e a súa neta.

TRY OUTS. Dirixida por Susana Casares 2014 14 minutos Ser adolescente non é doado, especial- mente para Nayla, unha moza americana musulmá que quere entrar no equipo de animadoras do seu novo instituto

Actividades en centros socioculturais, bibliotecas e outros espazos da cidade.

Venres 1 de xuño de 2018

OBRADOIRO “O BAÚL DE FRIDA” // 19.00 h // LSC do Casco Histórico // De 8 a 12 anos “O Baúl de Frida” é un obradoiro infantil de Asemblea de Cooperación pola Paz que, a través da vida e a imaxe de Frida Kalho, propón reflexionar sobre os roles e os estereotipos de xénero e sobre a diversidade sexual.

Sábado 2 de xuño de 2018

OBRADOIRO DE COSMÉTICOS NATURAIS // 11.OO h // CSC O Ensanche // A partir de 16 anos O emprego de produtos químicos agresivos e contaminantes para a limpeza do fogar e o aseo persoal pode ameazar a nosa saúde ademais de contaminar as augas. Neste obradoiro, Amigos da Terra amosará como facer os nosos propios xabóns, champús e outros produtos de limpeza e hixiene empregando elementos ecolóxicos e locais que proporciona a natureza.

COCIÑANDO CON COMERCIO XUSTO // 12.00 h // Mercado de Abastos na Aula gastronómica // Público adulto Da man de Solidariedade Internacional de Galicia contaremos coa participación de gastrobloguers galegos que, mentres preparan saborosas receitas con produtos de Comercio Xusto, explicarannos como elaboralas nas nosas casas.

Prazas limitadas polo que se precisa inscrición previa no correo: administracion@galiciasolidaria.org

Luns 4 de xuño de 2018

OBRADOIRO “DESMONTAXE DE BULOS E FAKE NEWS” // 16.00 h // Centro Xove da Almáciga // A partir de 16 anos A ONGD Ecos do Sur propón unha sesión dinámica na que se promoverá un fact checking (verificación de feitos) grupal sobre un bulo viral nas redes sociais. De forma colectiva, analizaranse os puntos clave nos que debemos fixarnos para descubrir se unha información é falsa, ou non.

OBRADOIRO CARA COLOR // 18.30 h // LSC Cardenal Quiroga // Entre 5 e 8 anos Por medio de papeis e caretas debuxadas coñeceremos os distintos tons da pel humana, para poder descubrir que a “cor pel” é moi diversa e non só a que temos cada unha de nós. Será da man de Asemblea de Cooperación pola Paz.

Mércores 6 de xuño de 2018

CONTACONTOS // 18.00 h // Carpa da SELIC na praza da Quintana // A partir de 5 anos Os contos serán o fío condutor para achegar realidades de países empobrecidos dende unha óptica positiva. Será da man de Solidariedade Internacional Galicia no marco da Semana do Libro de Compostela (SELIC).

PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL “CREASALUD” // 19.00 h // CSC Fontiñas // Todos os públicos Este documental de Farmamundi, danos a coñecer, a través de diferentes entrevistas gravadas con teléfonos móbiles por un grupo de mulleres indíxenas da Costa Caribe Norte de Nicaragua, como se organizan as comunidades rurais para atender á súa veciñanza en temas de saúde. Abórdase a medicina tradicional, a influencia dos roles de xénero na saúde de mulleres e homes, a saúde sexual e reprodutiva e a saúde materna.

Xoves 7 de xuño de 2018

OBRADOIRO “COÑECER O COMERCIO XUSTO A TRAVÉS DA COCIÑA” // 18.30 h // CSC Santa Marta // De 6 a 12 anos Solidariedade Internacional de Galicia organiza un obradoiro de repostería infantil no que se empregarán ingredientes de Comercio Xusto e agricultura ecolóxica. Para aprender dende a experiencia e co mandil posto!

CONTOS “A MANTIDO” // 19.30 h // Biblioteca Ánxel Casal // A partir de 16 anos A narradora Ánxeles Goas Amado, participante do Festival internacional de narración oral Atlántica, ven convidada por Mans Unidas para contar historias de persoas reais e diversas que sufriron fame e conseguiron remedialo.

Venres 8 de xuño de 2018

OBRADOIRO ARTÍSTICO CON MATERIAIS DE REFUGALLO // 19.15 h // CSC Aurelio Aguirre de Conxo // De 9 a 14 anos Xunto coa ONGD FISC elaboraremos obxectos creativos con materiais de refugallo, a vez que os cativos e cativas se divertirán e aprenderan a reducir o impacto medioambiental do seu consumo.

Xoves 14 de xuño de 2018

XORNADA SOBRE PARTICIPACIÓN INFANTIL E XUVENIL // 09.30 h // Casa Jimena e Elisa Fernández de la Vega // A partir de 18 anos Nesta charla que organiza EDUCO darase a coñecer o marco xeral da participación infantil e xuvenil: as etapas (opinar, tomar decisións e pasar a acción), os ámbitos (a familia, a escola, a comunidade), experiencias inspiradoras no Estado e en Nicaragua, así coma os recursos para promover a participación desde a súa realidade. A charla acompaña a exposición “Sembrando participación…!” que estará aberta do 1 ao 15 de xuño na Facultade de Ciencias da Educación da USC.

OBRADOIRO DESFIANDO A ROUPA // 18.30 h // CSC Fontiñas // De 9 a 12 anos Da man de Asemblea de Cooperación pola Paz, coñeceremos as distintas formas nas que se producen as prendas de roupa no mundo globalizado. Falaremos da efímera duración das modas e reflexionaremos, mediante a empatía, sobre as consecuencias sociais, económicas e ambientais do seu consumo. Acompaña a exposición “Produtores do Sur e Comercio Xusto”, que estará aberta do 25 de maio ao 15 de xuño.

Venres 15 de xuño de 2018

CHARLA SOBRE A EXPOSICIÓN “PREVENCIÓN DA VIOLENCIA ENTRE E CARA Á ADOLESCENCIA” // 19.00 h // CSC Vite // Todos os públicos Con esta exposición e charla, a ONGD Terra de Homes pretende sensibilizar e informar a menores, as súas familias, e a profesionais que traballen coa infancia e a adolescencia, sobre a prevención da violencia entre, e cara, á adolescencia (ciberbullyng, sexting, grooming…) especialmente, a violencia sexual. A charla acompaña a exposición “Rompe o silencio II” que estará aberta do 25 de maio ao 15 de xuño.

O 15 de xuño pecharemos a terceira edición do Compostela + Solidaria cunha Feira Solidaria na praza Roxa. Ao longo da tarde, haberá actividades para todas as idades.

17.30 h PROGRAMA DE RADIO EN DIRECTO ONGD Agareso e Cuac FM

18.00 h OBRADOIRO ‘Argallando no portátil’ Como son por dentro os computadores? Como funcionan os seus compoñentes? De que países veñen as pezas e cara a onde van cando as desbotamos? Como podemos facer máis sostibles o uso destes aparellos? ONGD Amigos da Terra e Enxeñería Sen Fronteiras

18.30 h ACCIÓN DE RÚA CONTRA A XITANOFOBIA “Das mullerse xitanas para todas as mulleres” Grupo de Identidade de Agareso e FSG

18.30 h XOGOS DO MUNDO (actividade infantil) ONGD AIDA

19.00 h ESPAZO DE ENCONTRO DE MULLERES As mulleres participantes na Feira, e aquelas que queiran achegarse, teremos a oportunidade de coñecernos.

20.00 h OBRADOIRO ‘Argallando no portátil’ Como son por dentro os computadores? Como funcionan os seus compoñentes? De que países veñen as pezas e cara a onde van cando as desbotamos? Como podemos facer máis sostibles o uso destes aparellos? ONGD Amigos da Terra e Enxeñería Sen Fronteiras

20.00 h OBRADOIRO DE RITMOS E PERCUSIÓN COA BATUCADA FEMINISTA ‘Tamborililás’ (espazo só para mulleres)

De 17.00 a 21.00 h ESPAZOS PERMANENTES · OBRADOIRO DE ARRANXOS E CUSTOMIZACIÓN DE ROUPA ONGD Amigos da Terra · POSTOS DE INFORMACIÓN · POSTOS DE VENDA DE PRODUTOS DE COMERCIO XUSTO

EXPOSICIÓNS

DO 29 DE MAIO AO 24 DE XULLO TECEDORAS DO CAMBIO. Historias de lideresas comunitarias que loitan por unha vida digna en América Latina, África e Asia. Museo do Pobo Galego

DO 25 DE MAIO AO 15 DE XUÑO ROMPE O SILENCIO II CSC Vite Terra de Homes

DO 25 DE MAIO AO 15 DE XUÑO PRODUTORES DO SUR E COMERCIO XUSTO CSC Fontiñas Asemblea de Cooperación pola Paz

DO 1 AO 15 DE XUÑO SEMBRANDO PARTICIPACIÓN…! Facultade de Ciencias da Educación da USC EDUCO

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×