Noticias de Hoy
Alen dos xeneros
Fecha: 10/11/2017
Horario: 20:00 a 20:00

Ciclo de performances: Alén dos xéneros, en Santiago de Compostela

Ciclo de performances: Alén dos xéneros, en Santiago de Compostela.

O ciclo de performances que clausuran 'Alén dos xéneros. Prácticas artísticas feministas en Galicia', continua nas rúas da cidade. As Performances foron coordinadas pola Casa Morada e comisariadas por Anxela Caramés,

NEVES SEARA 'Ardo si ela arde'

"Ardo si ela arde é un pranto, un berro, unha sacudida no peito dos espectadores. Silencio, cae a noite, as persoas congrégase na hora citada, inquedas. Eu parada, sostendo unha morea de negro de fume... un dos negros máis negros. Negra coma a dor. Negra coma a morte. Tisne xerado con lume. Atrapado o silencio, o corpo, a mensaxe nese círculo de tisne. Cinza do lume máis bravo. Os espectadores ... Serán os causantes desa dor? desa queima? dese corpo morto? ou son responsables por soster en silencio esa ferramenta do lume, parados, sen actuar?"

NEVES SEARA. Como artista dende fai 15 anos trato o tema da muller e do feminismo, a violencia de xénero, así como outros temas teóricos e conceptuais, sen poder desvincularme do feito de ser muller que fala dende a súa conciencia e a súa honestidade. Teño participado en proxectos en defensa da muller e outros proxectos artísticos. Seleccionada no Premio Novos Valores 2004. 2º Premio no Certame de Artes Plásticas da Deputación de Ourense en 2013. Premio de intervención da Zona "C", Santiago de Compostela 2015. Seleccionada no Certame de Arte do Auditorio de Galicia 2015. Licenciada en Belas Artes, especializada en escenografía pola universidade Europea de Madrid. Máster en Museografía pola USC. Cursos de doutorado e DEA en Historia da Arte Contemporánea pola Universidade Complutense de Madrid. Realizou actividades de didáctica cultural e artística en institucións como o CGAC, Fundación Granell (Santiago), Casa Azul ou Portal 48 (Pontevedra). Expuxo no Museo de Cacabelos e na Galería Dosmilvacas de Ponferrada en mostras individuais e en varias colectivas (relacionadas con propostas de xénero), converténdose nunha das súas artistas, como o é tamén da Galería Metro de Santiago onde expuxo de forma individual e colectiva, así como en ArtMadrid, Room Art Fair ou Cuarto Público. As outras mostras individuais foron na Galería Espacio48, Santiago e na Galería 9the13, A Coruña. Participou en exposicións na Galería 23/11 e na Galería Fresa y Chocolate, así como no Centro Pablo, as tres na Habana dentro do primeiro festival de Violencia de xénero en Cuba. Na cidade de Bruselas expuxo en Maison du Pilgrins e en Londres na Galería Cafe101, así como en Outonoarte 08 en Sala Palexco, A Coruña, Fisuras no Cotián, na Casa da Parra, Santiago. Participou con unha instalación no Festival Sombra, na Fábrica Braço de Prata, de Lisboa. Forma parte do arquivo do CGAC e expuxo alí no ano 2008 nunha mostra colectiva. Realizou intervencións públicas en Helsinki, Atenas, Vigo, Santiago, Lisboa, Madrid... así como unha intervención en La Casa de Velázquez en Madrid. Como performer leva 15 anos de traxectoria realizando accións. Foi invitada a realizar tres performances no MuseoArqueológico de Cacabelos e noutras dúas ocasións, na Galería Dosmilvacas, así como na Sala da Deputación de Lugo ou na Galería Metro en outros 4 eventos e tamén en diferentes festivais dedicados á arte de acción. Desde Aire coordina as exposicións, os talleres con outros docentes colaboradores y a edición do Fanzine Aire, revista sobre arte e pensamento onde se reflicten todas as actividades do centro.