Ciclo de Lied 2017 de Santiago de Compostela

Fecha 18-09-2017 a 26-09-2017
Lugar
1 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 1 LinkedIn 0 1 Flares ×

Ciclo de Lied 2017 de Santiago de Compostela.

Cantigas de outono é o título da XVIII edición do Ciclo de Lied que se celebra este mes de setembro en Compostela e para o que o Concello conta, unha vez máis, coa colaboración da Asociación de Amigos da Ópera de Santiago. O certame inclúe tres concertos, os días 18, 25 e 26 de setembro, todos eles ás 20.30 h no Teatro Principal. As entradas para cada un dos recitais teñen un prezo de 8 euros (cos descontos habituais) e o custo do abono do ciclo completo é de 18 euros. Á venda no despacho de billetes do Teatro Principal e en entradas.abanca.com

O programa da presente edición comezará mergullándose no universo musical francés de principios de século XX. Baixo a dirección de Rafael R. Villalobos, gañador do prestixioso Europäische Opernregie-Preis de Opera Europa en Viena en 2013, os músicos Javier Povedano e Jorge Robaina achegarán o universo de Guillaume Apollinaire, como figura que inspirou as composicións de Arthur Honegger e Francis Poulenc, membros do chamado Grupo d’Os Seis.

No segundo concerto desta temporada, dúas grandes voces do panorama internacional operístico, Anna Lucia Richter e Georg Nigl, canda o pianista Gérard Wyss,  farán un percorrido polo Cancioneiro italiano de Hugo Wolf. 46 atmosferas en torno ao amor da produción liederística do autor austríaco de orixe eslovena, que ofrecen unha nova concepción dun sentimento tan universal e atemporal con composicións repletas de plasticidade, sinxeleza e gran expresividade.

O ciclo rematará movéndose entre o universalismo e o exotismo orientalista, cun repertorio de canción lírica nacionalista eslava de Polonia e Rusia. Estas composicións de grandes nomes como Chopin, Mussorgski, Rimski-Kórsakov, Rachmaninov e Tchaikovski, transitan por unha intimidade ligada á terra, un sentimento patrio das súas entrañables vivencias persoais, que ficará retratado pola singular voz da mezzosoprano Graziela Valceva-Fierro, e o acompañamento musical ao piano de Maciej Pikulski.

PROGRAMA COMPLETO

18 de setembro | 20.30 h | Teatro Principal
LE BON VIVANT
LE BESTIAIRE. 99 aniversario da morte de Guillaume Apollinaire
Obras de Arthur Honegger e Francis Poulenc para barítono, clarinete e piano, textos de Guillaume Apollinaire.
Javier Povedano, barítono e clarinete
Jorge Robaina, piano
Rafael R. Villalobos, dramaturxia e dirección

25 de setembro | 20.30 h | Teatro Principal
CANCIONEIRO ITALIANO de Hugo Wolf
Texto de Paul Heyse (1830-1914), baseado en cantigas populares italianas.
Anna Lucia Richter, soprano
Georg Nigl, barítono
Gérard Wyss, piano

26 de setembro | 20.30 h | Teatro Principal
O LIED ESLAVO. Entre o universalismo e o exotismo orientalista.
Obras de Frédéric Chopin, Modest Mussorgski, Nikolái Rimski-Kórsakov, Sergei Rachmaninov e Piotr IlIch Tchaikovski.
Graziela Valceva-Fierro, mezzosoprano
Maciej Pikulski, piano

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

1 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 1 LinkedIn 0 1 Flares ×