Noticias de Hoy
un cuarto propio
Fecha: 25/11/2017
Horario: 19:00 a 19:00

Charla e visita guiada: Un cuarto propio, en Santiago de Compostela

Charla e visita guiada: Un cuarto propio, pola artista Rosa Neutro e o comisario Rosendo CId en Santiago de Compostela.

Na visita, Rosa Neutro, artista e Rosendo Cid comisario, falarán en profundidade das cinco pezas e dos distintos aspectos literarios e artísticos que conforman o proxecto inédito, “Un cuarto propio”, que colle o título do libro homónimo de Virginia Woolf. E abordarán ademáis as problemáticas sobre as mulleres artistas e as circunstancias á hora de crear.

'Un cuarto propio' é a primeira das intervencións seleccionada entre as propostas presentadas en creación en artes visuáis para a Zona "C" na modalidade de proxectos de comisariado. Rosendo Cid plantexa un proxecto inédito baseado nalgúns dos intereses que a artista Rosa Neutro leva desenvolvendo nos últimos tempos centrando a intervención nas problemáticas relacionadas coa muller artista.

Rosa Neutro (Cangas, Pontevedra, 1979), artista visual licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Realiza ademáis estudos de deseño gráfico na Escola de Arte Antonio Faílde de Ourense. Foi tamén coordinadora da sala Piso Dos en Pontevedra e posteriormente no centro de produción dixital Lab_in de Vigo. A súa actividade artística céntrase na fotografía e na fotomontaxe como principal medio para explorar, nos seus últimos traballos sobre todo, os clichés femininos a través de series como Divas de cine negro onde explora a memoria desde a súa propia autobiografía así como desde outras referencias nunha sorte de resolución dun tempo íntimo fóra de calquera acontecer regrado.

Rosendo Cid (Ourense, 1974), principalmente artista plástico, ven desenvol vendo unha actividade paralela relacionada coa escrita e a literatura que está moi presente nalgúns dos seus proxectos visuais. Licenciado na especialidade de escultura pola Universidade de Vigo ven traballando distintos medios como a escultura, a fotografía, a colaxe e o debuxo. Expón regularmente desde o ano 2000 e, ata a actualidade, ten traballado en dous proxectos curatoriais ademáis de ter feito os textos críticos das seis exposicións da tempada 2009-2010 da Sala Alterarte da Universidade de Vigo no Campus de Ourense, comisariada por Ignacio García.