Noticias de Hoy
CAMIÑO AO GAIÁS DÍPTICO
Fecha: 03/07/2014
Horario: 18:15 a 18:15

Camiño ao Gaiás

Camiño ao Gaiás

Xullo: 3, 10, 17, 24, 31. Agosto: 7, 14, 21, 28. Setembro: 4, 11.
Despois de varias edicións desta actividade de verán, nesta ocasión farase unha variación do percorrido co obxectivo de motivar a aqueles composteláns que xa participaron no programa de Camiño ao Gaiás e que se animen a repetir. Con este programa intentaremos achegar a toda a sociedade compostelá e a todos aqueles visitantes que durante os meses do verán estean por Santiago á Cidade da Cultura.

É unha boa ferramenta para fomentar e promocionar o Monte Gaiás e as súas exposicións, e tamén un estilo de vida saudable a través da actividade física que se realiza no roteiro que se prantexa.

Descrición da actividade

O roteiro comeza na praza de Mazarelos e vai rodeando a facultade de Xeografía e Historia ata a igrexa de San Fiz de Solovio, de aí baixa ata a rúa das Trompas o que nos permite achegarnos ao parque de Belvís. Logo de cruzalo, acadamos o convento de Belvís e o Seminario Menor. Pola avenida de Quiroga Palacios e a rúa do Bispo Teodomiro acadamos un túnel peonil que nos leva ata as Brañas do Sar, moi preto do Multiusos Fontes do Sar. Unha vez nel só nos queda achegarnos ao Museo Gaiás, pola Avenida Manuel Fraga Iribarne. O descenso sería polo mesmo sitio ata o Multiusos, onde remataría a actividade.

O percorrido será de 4 km de lonxitude, aproximadamente.

Os inscritos terán ocasión de facer unha visita guiada pola exposición "Auga Doce" cos guías da Cidade da Cultura. Nesta ocasión os usuarios de Camiño ao Gaiás poderán regresar de maneira individual cara Compostela para que dispoñan de tempo para visitar a Cidade da Cultura, descansar, ou ben acompañados polo guía da Fundación USC Deportiva ao rematar a visita á exposición aproximadamente ás 19:30 h.

O persoal da Fundación USC Deportiva informará das diferentes maneiras de regresar a Compostela e rutas para facelo (a pé, autobús urbano, etc.) para aqueles/as que elixan baixar de maneira individual.

Horario

A hora de inicio da actividade será ás 17:15 horas. A hora de chegada prevista á Cidade da Cultura é ás 18:15 horas.

Fin da actividade ás 20:00 h. aproximadamente no Multiusos Fontes do Sar.
Datas de realización

A actividade terá lugar os seguintes xoves dos meses de xullo, agosto e setembro:

Xullo: 3, 10, 17, 24, 31
Agosto: 7, 14, 21, 28
Setembro: 4, 11

Inscrición

Pode inscribirse calquera persoa que o desexe. Os menores de idade deberán ir acompañados dun titor que igualmente debe inscribirse para a realización da actividade. A actividade non está recomendada para rapaces menores de 10 anos.

O cota máxima de persoas por itinerario será de 25 persoas. En caso de haber máis inscricións que prazas, crearase unha lista de agarda.

Respectarase a orde de inscrición.

A hora límite de inscrición será o mesmo día de realización da ruta ás 14:00 horas.

Como inscribirse

A inscrición nos roteiros pode realizarse preenchendo este formulario.

No caso dos menores de idade, ademais da inscrición, deberá cubrirse esta autorización e enviala por correo electrónico a contacto@fundacionuscdeportiva.org ou traéndoa presencialmente á sede da Fundación (Edificio FEUGA, despacho 3. Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n, Campus Vida, Santiago de Compostela).

Normas de obrigado cumprimento

Os participantes seguirán as indicacións dos guías dende que comece a actividade ata que remate.
Non pode participar na actividade ningunha persoa que non estea na lista de participantes admitidos.
Os menores de idade deberán ir acompañados dun titor/a e este será o responsable do menor durante toda a actividade.
Debemos prestar máxima atención ao tráfico rodado cando haxa que cruzar rúas ou estradas.