Noticias de Hoy
Belle & Sebastian
Fecha: 28/07/2014
Horario: 22:00 a 22:00

Belle & Sebastian + Caxade

Por primeira vez en Galicia e con esta como a única data prevista en España, Belle & Sebastian é un dos grupos punteiros do pop británico e dos que mellores críticas recibiu nos últimos 20 anos. Neste mesmo 2014 a revista de referencia New Musical Express vén de premialos pola súa excepcional contribución ao mundo da música.

Despois de 8 álbums editados, sempre nos listados dos favoritos da prensa especializada, o seu pop luminoso segue a ter unha influencia capital na música popular contemporánea ao ser os creadores dun xénero propio no que as melodías cristalinas e as harmonías vocais dan forma a un cancioneiro enchido de cancións atemporais.

Protagonistas habituais dos máis importantes festivais internacionais coma Glastonbury, Reading, Austin SXSW ou Pitchfork Fest, en Nova Yorke, a formación conta cun gran predicamento en España, con presenza recente en festivais de primeira liña coma o Primavera Sound, Benicássim ou o Jazzaldia de San Sebastián.

A banda chega a Compostela da man do Concello de Santiago e da promotora I-Radia Crea, na que será a súa primeira actuación en Galicia, dentro do programa das Festas do Apóstolo, e que asemella un concerto idóneo para unha noite de verán, nun momento alto da súa traxectoria. Á recente publicación dun traballo recompilatorio que celebra os seus xa 20 anos de carreira, mentres se agarda un novo traballo que será editado neste 2014, únese o éxito obtido polo seu líder, Stuart Murdoch, no festival de cine de Sundance co seu debut coma director da película God Help The Girl.

Web: www.belleandsebastian.com

Caxade es el nuevo proyecto personal de Alonso Caxade. Indie-folk con sabor a música minimalista y a sonidos bucólico-pastoriles de la vieja Europa. Música elegante, modesta y sencilla, surrealismo posmodernista y discurso reivindicativo, metafórico e irónico.

Caxade es en este momento una banda musical, pero nació en el último trimestre del año 2012 como un proyecto audiovisual transgresor a través de la publicación de las videocreaciones “Dança dos Moscas”, “Gente Pota” y “Sr. Xorda” (con Javier Antelo Seoane, Íria Pinheiro y Tánia Ameneiro), un universo surreal de personas poderosas con cabezas que suenan al vacio de las ollas, que mueven hilos para engañarnos en el menú que tenemos que comer, com pretensiones de ilusionarnos convirtiéndonos en moscas danzando alrededor de su manjar favorito y que, en el fondo, crean la utopia con la que sueñan: que no nos escuchemos ni nos organicemos, pues ellos tampoco quieren oír.

Fue nominado a los “Premios Mestre Mateo” y a los “Premios Opinión”.

Ganó el “Certame Música Xove” con la formación de banda para tocar en directo: Manu Paino (trompeta y carillón), Maria da Pontraga (pandeira y voz), Manu Espinho (bombardino) y Xosé Tunhas (bateria), el grupo con el que grabará su primer disco que, probablemente, saldrá a finales del año 2013.