Noticias de Hoy
O arxina e o felo _ O canteiro e o demo en Santiago de Compostela
Fecha: 17/09/2017
Horario: 19:30 a 19:30

O arxina e o felo | O canteiro e o demo en Santiago de Compostela

O arxina e o felo | O canteiro e o demo en Santiago de Compostela.

Domingo 17 de setembro de 2017: 18:30 a 19:30 horas.

Garabullo e Mangarrias son dous canteiros teimudos que están a construír unha ponte a petición dun demo. Durante o proceso, entre cantarelas e reflexións, instrúen o seu aprendiz Faxurdín no oficio e o latín dos arxinas, ao tempo que o diaño burlón que lles encargou a construción do paso trama facerse coas súas almas. 

Os arxinas cantan: 

“Arxinas nobis xaramos
xorufos e xidavantes
e alí onde mariñamos
xara un despois e un antes”

Anxo García, Pilar Álvarez e Xulio Balado forman en 1982 a compañía Viravolta Títeres. Alén da produción e distribución de espectáculos de monicreques, realizan outras actividades vencelladas ao mundo da marioneta, como cursos, exposicións e ciclos especiais.

Equipo artístico e técnico 

Texto: Francisco Rozados 
Dirección: Anxo García
Manipulación: Xulio Balado, Pilar Álvarez, Anxo García
Unidade didáctica: Francisco Rozados