Noticias de Hoy
Nicasio Gradaille
Fecha: 18/11/2017
Horario: 20:30 a 20:30

Actuación de Nicasio Gradaille en Santiago de Compostela

Actuación de Nicasio Gradaille en Santiago de Compostela.
Xornadas de Música Contemporánea 2017.

Afincado en Vigo onde é profesor no Conservatorio Superior de Música, é pianista e membro fundador do Taller Atlántico Contemporáneo (TAC) de Santiago de Compostela. Doutor pola Universidade de Vigo cunha Tese sobre o Concert for Piano de John Cage de quen gravou para a Radio Galega as súas Sonatas and Interludes, impartiu seminarios sobre a súa obra para piano en diversos conservatorios europeos: Gante, Leeds, Viena, Aveiro ou Londres (Royal College of Music). Interesado na música contemporánea, participou nos festivales Via Stellae (Santiago de Compostela), Semana do Corpus (Lugo), Espazos Sonoros (Ourense, Vigo, Sada), Semana de Música Religiosa (Cuenca) ou Festival Internacional de Música y Danza (Granada). Gradaille foi galardoado co Primeiro Premio no Concurso Internacional Xavier Montsalvatge (Música para Piano do Século XX) de Girona e no Concurso Nacional Gregorio Baudot de Ferrol. Estudou no Conservatorio Superior de Música de Coruña, con Natalia Lamas, no Conservatorio Profesional de Vilaseca con Cecilio Tieles e na Musik-Akademie der Satadt Basel (Basilea, Suíza), con Peter E er. Tamén recibiu clases en Santiago de Compostela con Martín Millán. Colabora frecuentemente coa Real Filharmonía de Galicia.