Noticias de Hoy
pharmaco
Fecha: 17/11/2017
Horario: 21:00 a 21:00

Actuación de La Phármaco en Santiago de Compostela

Actuación de La Phármaco en Santiago de Compostela.
Xornadas de Música Contemporánea 2017

La Phármaco, unha das formacións máis prometedoras da danza contemporánea de España, coa coreógrafa e bailarina Luz Arcas á fronte, presenta en Galicia 'Kaspar Hauser'. El huérfano de Europa, un espectáculo físico que dialoga coa Historia para reflectir a nosa época, bailando, como a propia formación afirma, “a natureza poética e salvaxe do humano.

Luz Arcas, coreografía e interpretación
Carlos González, composición e interpretación musical
Jorge Colomer, iluminación
Heridadegato, deseño de vestiario
Ana Montes, escenografía
Kaspar Hauser. El huérfano de Europa (2016)

Desde o seu nacemento en 2009, La Phármaco propúxose recuperar o concepto clásico de cerimonia escénica: o espectáculo total, onde os elementos expresivos se reúnen e a nan nunha mesma tonalidade, comprometida coa mensaxe. Para La Phármaco creemos que a danza non se limita a unha cuestión de xéneros nin de estilos, o seu labor é tratar de facer visible o que estaba escuro. As formas e as dinámicas son sempre inesperadas, orixinadas no profundo e reveladas como segredos onde a alma pode manifestarse e recoñecerse. A danza é unha arte culta, que dialoga coas voces fundamentais da nosa Historia. La Phármaco atopa nos clásicos da literatura universal un espello apropiado para re ectir a nosa época, á vez que reivindica a danza como mecanismo social, humanista. A cerimonia escénica é necesaria. A experiencia poética enfróntanos coas contradicións do humano. Quen baila lémbranos que o mundo se está creando aínda. Entre as creacións de La Phármaco destacan El libro de los venenos (2009, Prmio INJUVE e Málaga CREA 2009), El monstruo de las dos espaldas (2010), Antes fue siempre fuego (2012), Sed erosiona (2012), Éxodo: primer día (2013, nomeada aos Premios MAX e aos Premios del Teatro Andaluz como Mejor Espectáculo de Danza e Mejor Intérprete Femenina de Danza, seleccionada para o catálogo do AECID 2015) e La voz de nunca (2014, co-producida pola Agencia Andaluza de Instituciones Culturales, Premio Mejor Intérprete Femenina de Danza nos Premios del Teatro Andaluz, 2015). Os seus traballos recibiron o apoio do Centro de Danza Canle, a Agencia Andaluza de Instituciones Culturales, INAEM e AECID, e o seu repertorio continúa en xira dentro e fóra de España.