Noticias de Hoy
Panamericana en Vigo
Fecha: 07/10/2016 a 09/10/2016
Horario: 01:00 a 01:00

Panamericana en Vigo

Panamericana en Vigo.

Venres 7 de Outubro ás 21:30h
Sábado 8 de Outubro ás 21:30h
Domingo 9 de Outubro ás 20:00h

PANAMERICANA é unha comedia con sabor a guiso tropical. Un musical no que tres actrices interpretan 24 personaxes.

Miranda Celia del Río, é unha artista de éxito no seu país, Panamérica, pero a presión da fama fai que fuxa na procura dunha vida mellor. A súa escapada remata na Provincia, unha vila na que se terá que enfrontar ao seu laberíntico e absurdo aparello burocrático, sanitario e financeiro. Unha caricatura na que xa non sabemos se este mundo é como é ou como nós o percibimos.

Panamericana fala dun sistema perverso e dos soños rotos dende unha óptica optimista e divertida. Unha festa teatral de cor, pluma e música.

- Nominada a Mellor Texto Orixinal nos Premios María Casares 2016
- Nominada a Mellor Vestiario nos Premios María Casares 2016
- Areta Bolado nominada e Mellor Actriz Secundaria nos Premios María Casares 2016