Noticias de Hoy
cartel vermú
Fecha: 11/03/2017
Horario: 12:30 a 12:30

Vermú entre libros con Eli Ríos, Eva Agra e María Lado, en Pontevedra

Vermú entre libros con Eli Ríos, Eva Agra e María Lado, en Pontevedra.

As escritoras Eli Rios e María Lado xunto coa ilustradora Eva Agra compartirán con nós este Vermú entre libros para falarnos das Mulleres bravas da nosa historia, e máis en concreto dos libros que inician esta colección e dos que son autoras: Rosalía de Castro e María Victoria Moreno. Estarán acompañadas na conversa por Ramón Rozas, crítico de arte.

Mulleres bravas da nosa historia é unha colección de libros infantís orientados a dar a coñecer unha serie de mulleres exemplares da historia da Galiza aos públicos máis novos.
Alén de contar as biografías das protagonistas, os libros contarán con actividades para realizar coas cativas e cativos e cronoloxía, todo para axudar a valorar a achega das protagonistas á nosa cultura e ao noso país, ás veces ocultada polo feito de seren mulleres.
A colección está coordinada por Andrea Jamardo, de Urco Editora, e conta cun comité de asesoras formado por Patricia Porto Paderne (educadora social e libreira experta en xénero) e Mariám Mariño (Técnica da Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega). Asemade, a revisión lingüística dos textos correrá a cargo de Raquel Vila Amado (traballadora do ILG e correctora profesional).