Noticias de Hoy
anton lopo
Fecha: 15/09/2018
Horario: 13:30 a 13:30

Vermú entre libros con Antón Lopo en Pontevedra

Vermú entre libros con Antón Lopo en Pontevedra.

O poeta Antón Lopo e a xornalista Carme Vidal falarán, entre outros temas, de 'Corpo' o libro gañador da última edición do premio Lueiro Rey de Poesía.

Roubamos unhas palabras do prólogo escrito por Luis Cochón para o libro editado por XERAIS e que define a escrita de Lopo: "Libro de poemas de amor e amigo e aínda máis. Diversas historias de desexo e concupiscencia, a dous, e a dúas, moitas delas co mar ó fondo, ou marea. A habelencia do poeta insiste en tramar unha manchea de 'suites' comunicadas, orquestradas, continuadas e consecuentes.
'Corpo' exixe unha voz poética contundente, achegada, fronteiriza, de fronte e nesgo, traída a lume nunha prosodia admirable, por un autor de excelencia tal. Antón Lopo sábeas todas. Tenas todas."