Noticias de Hoy
salamandra DSC_0077
Fecha: 19/01/2018 a 20/01/2018

Teatro: Novos valores na dirección de escea en O Porriño

Teatro: Novos valores na dirección de escea en O Porriño


Novos valores da dirección de escena é un programa que facemos por segundo ano consecutivo onde damos a oportunidade ao alumnado de dirección de escena da ESAD de Galicia para que presente exercizos de arredor de 15min.

É un xeito de conectar a novas directoras e directores co público da sala Ingrávida e, para o público de Ingrávida é unha oportunidade perfecta para coñecer os primeiros pasos das futuras mentes creativas do teatro galego.

Neste mes continuamos coa programación adicada á escola de público onde todas as presentacións van acompañadas dun profesional da escena que explica as claves, neste caso da dirección de escena, para así aprendermos entre todas a ver teatro.
Lembrade que hai propostas diferentes para venres e sábado!

O venres ás 21h30 presentan as súas propostas as directoras:

Amparo de Dios
Iago Pousa
Erea Arocas

O sábado ás 21h30:

Aldán Dacosta
Belén Yáñez