Noticias de Hoy
PROMO_NABUTACA_CANGAS
Fecha: 22/09/2018
Horario: 22:00 a 22:00

Teatro no Día Mundial do Alzheimer en Cangas

O Auditorio Municipal de Cangas acollerá unha función teatral ben especial de Na butaca [fantasía nº3 en dor Maior], de Esther F. Carrodeguas, pois por unha banda, coa peza Concello de Cangas quere conmemorar o Día mundial do Alzheimer, o 22 de setembro, ás 21:00 horas, e por outra banda, trátase dunha función única, xa que se realizará con piano de cola en directo. 

Pepa Barreiro, que xoga na casa pois fai moitos anos que reside en Cangas do Morrazo -onde desenvolveu a maioría da súa traxectoria teatral da man de Teatro de Ningures- compartirá escena esta ve con Peter Jensen Velpister, un verdadeiro virtuoso que acompañará o monólogo teatral en todo momento ofrecendo ao espectador así un espectáculo que por unha banda é teatro e, pola outra, concerto.

[Fantasía nº3 en Dor Maior] é unha peza poética que, dende un punto de vista optimista, aborda unha temática que por desgraza a moitos nos toca de cerca: a das persoas que sufren demencia senil ou alzheimer. A obra, partindo da idea do vivir no presente dunha personaxe sentada na butaca e esquecida -perdida do seu pasado e do seu futuro, tamén- achéganos a unha realidade que por veces nos amosa paz e outras anguria; felicidade ou rabia. E xunto a ela imos do cómico ao escatolóxico pasando polo transcendente.