Noticias de Hoy
320415_description_luis_bara
Fecha: 25/02/2018
Horario: 19:00 a 19:00

Teatro: Memoria e vida en Pontevedra

Teatro: Memoria e vida en Pontevedra


Este domingo, o Rebobina Cineclube ten un evento triple:

  • Por unha banda, a proxección do documental "Aillados": A illa de San Simón, desde 1936 campo de concentración e cárcere, perdeu a súa vella historia de cenobio e lazareto para converterse en memoria da incivil guerra. Alí sufriron e morreron, soñaron e desesperaron, centos de homes fieis a súa patria e a unha Constitución que tamén xuraran defender os seus carceleiros. 
  • A seguir, temos a presentación do libro "Non des a esquecimento", co autor do libro Luis Bará. Un relato sobre o xenocidio fascista en Galicia, da resistencia e da solidaridade dos galegos. Unha homenaxe ás persoas que protagonizaron esta época escura e ás súas familias. Ademais, os beneficios que poida xerar a venda de Non des a esquecemento irán destinados ao proxecto Bosque da memoria en homenaxe aos presos do cuartel de Figueirido e ás mulleres solidarias, promovido polo colectivo A Regaduxa. Memoria histórica de Vilaboa.
  • Charla con Luis Bará sobre o documental e sobre o seu novo libro.

Así que este domingo tendes unha oportunidade de ver, ler e falar sobre a memoria histórica cun dos mellores estudosos sobre a materia en Galicia, non a perdades!