Noticias de Hoy
teatro camiños 630x310
Fecha: 26/11/2020
Horario: 20:30 a 20:30

Teatro #camiños

Teatro Principal de Pontevedra.

Un ano despois da súa última representación volve a escena camiños, unha das pezas máis divertidas e sorprendentes da escena teatral galega: camiños, de ButacaZero en coprodución co Centro Dramático Galego. Encadrada dentro do marco do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021, que naceu como axuda ao sector por mor da Pandemia, a peza poderá verse no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera (Oleiros) o vindeiro domingo 22 de novembro, ás 20 horas. O seguinte xoves, 26 de novembro, a peza atracará no Teatro Principal de Pontevedra desta vez grazas á Rede Galega de Teatros e Auditorios.

A peza é unha reflexión, en clave irónica, arredor de: quen somos os galegos e as galegas do século XXI? Como nos colocamos no mundo nós, que levamos sempre o móbil pegado á man e vivimos nun mundo globalizado? Que queda dos e das nosas devanceiras dentro da nosa sociedade? Esther F. Carrodeguas e Xavier Castiñeira son os creadores desta peza que nos leva de camiño a nós mesmos, ao que somos e ao que desexamos ser, ao que fomos un día e ao que un día, podemos chegar a ser.

Para tecer este mapa botaron man de todos os rexistros escénicos necesarios: coreografías, teatro físico, bufón, música, playback, pasarela, audiovisuais. Unha peza imbuída por un espírito millenial, que, ao igual que as redes sociais nas que adoitamos gastar o noso tempo, é un collage ecléctico que tenta explicar o noso mundo. Un aluvión escénico que pretende non deixar a ninguén indiferente. Unha festa teatral na que celebrármonos pero tamén, reflexionármonos.

Tanta festa se xuntará no Auditorio de Goiáns que estarán presentes As churrascas, que levarán a escena “aDiosRíos_aDiosFontes”, o título do seu primeiro “hit” de música electrónica cos versos de Rosalía de Castro.