Noticias de Hoy
Arrugas engurrados
Fecha: 28/07/2017
Horario: 23:00 a 23:00

Teatro: Arrugas - Engurrado en Teatro Principal

Teatro: Arrugas - Engurrado en Teatro Principal

astillas, pastillas e máis pastillas, así é como Emilio se da conta do que lle pasa. Con pouco máis de setenta anos comeza a ter perdas de memoria. O seu carácter vóltase impredecible e irritable, polo que o seu fillo e a súa estrambótica parella , o ingresan nunha residencia de maiores. Alí comparte dormitorio con Miguel un pillaban con ganas de desfrutar de cada intre, Lola e Modesto unha parella inseparable, Ampariño unha fantástica directora de música que volta ter ensaio cada día, grandes xornalistas como Rogelio e Xurxo e unha Rosario que sigue a viaxar no Orient Express para atoparse co seu futuro marido. A rutina desta residencia será guiada por unha directora e dous enfermeiros que entre sinsentidos, risas, enfados, lembranzas, presentes que visten de pasado e recordos; acompañarán a Emilio no que durante uns instres a súa cabeza lle deixa ver… 

Organizada pola Asociación Xuntos de Síndrome de Down e baseada no texto orixinal de Paco Roca, será levada a escena por Iván Rosales, Laura  Madriñán, Álvaro Quinteiro, Miguel Ruanova, Pili Bacariza, Sara Ruibal, Ángel Fernández, Adri Corujeira, Patri Galego, Pedro García, Diego Touriño, Jacobo Fernández, Patricia Ortigueira e Tamara Jiménez.

 

Entrada libre ata completar cabida.

Engurrados