Solpores no Lagoeiro
Solpores no Lagoeiro chega á súa segunda edición tras superar con éxito á proba á que a covid-19 someteu a toda a poboación en xeral, e ao eido cultural en concreto, durante o pasado ano. Achegar á comarca da Estrada un ciclo de concertos con artistas galegos e nacionais de cabeceira, volta a ser o obxectivo principal dun evento que avoga pola diversidade de xéneros e estilos, a paridade sobre os escenarios e a cultura gastronómica nun entorno rural, íntimo e privilexiado: A Casa do Lagoeiro, na Estrada.
A natureza desta paraxe servirá novamente de marco a un ciclo que se desenvolverá entre os meses de xullo e agosto, incorporando unha coidada selección de 9 artistas e bandas a un nutrido cartel. Os distintos espectáculos encadraranse, como o propio nome indica, na franxa horaria do solpor.
Todas as entradas, nas súas diferentes modalidades, xa se atopan actualmente á venda, pudendo acceder a través da páxina web www.solporesnolagoeiro.com directamente a elas.
O aforo máximo para os espectáculos será de 400 persoas, sempre que a normativa sanitaria así o permitan.
PROGRAMA
- Rosa Cedrón o xoves 1 de xullo
- David Otero o xoves 8 de xullo
- Bebe o xoves 15 de xullo
- Davide Salvado o xoves 22 de xullo
- La Bien Querida o venres 30 de xullo
- Escuchando Elefantes o venres 6 de agosto
- Café Quijano o xoves 12 de agosto
- Adrián Costa Blues Band o xoves 19 de agosto
- Alvariza o xoves 26 de agosto