Noticias de Hoy
Silvia penas
Fecha: 28/02/2019
Horario: 20:00 a 20:00

Silvia Penas presenta: Fronteira Paraíso, en Pontevedra

Silvia Penas presenta: Fronteira Paraíso, en Pontevedra.

A poeta Silvia Penas presenta o libro 'Fronteira Paraíso' acompañada da tamén poeta Tamara Andrés e do editor Wladimir Vaz.

'Fronteira Paraíso' é o novo libro da autora e sobre el escribe así Area Erina na web da Editora Urutau:

**A foto desenfocada de Paraíso non deixa fechar os ollos. Como será durmir nun un lugar que non é lugar? É un tempo, de noite? É a idelización que todas herdamos materializada nunha casa, unha fiestra, un xardín…Unha diana contra a que o propio amor dispara a matar.

Idilio terrible por impronunciable, querer traducilo a palabras e converter a experiencia da escrita en ritual. A lectura é catártica e, desde o fondo do escuro, ilumina.
O poema é gritar salvaxemente e preguntarse como domesticar a frustración, é escribir o corpo e trazar un río-límite sobre o territorio informe da vida, é «limar a lingua, limar os labios» de desespero para chegar á fronteira e desfacela.

Franquear as múltiples portas deste poemario, entregarse ás palabras, é bucear na superficie ou planear na profundidade; confrontarse coa herdanza colectiva que construíu un paraíso equivocado, «e nada máis/ e isto é moito e pouco/ e nada máis».**