Noticias de Hoy
encontro cómic
Fecha: 20/10/2017
Horario: 20:30 a 20:30

Santiago Paredes presenta: Tattoo, en Pontevedra

O ilustrador Santiago Paredes presenta o seu novo libro "Tattoo" acompañado do músico Gonzalo Maceira.

Editado por Demo Editorial "Tattoo" narra a historia dunha gata que se cruza por diante dun coello e o universo metafísico alíñase para que todas as iconas do rock & roll conflúan no delirio do amor máis duro e rebelde do barrio. Cando estas dúas almas converxen nunha tatuaxe, de estrañas cualidades, tan só resta bailar endiañadamente como unha bóla de billar perdida na xungla de asfalto, pois xa non hai fera no suburbio que free este instinto básico.

De Santiago Paredes din na editorial que é un tipo nacido para ser salvaxe, que nos ofrece unha sorte de coctel visual de iconas da cultura rockeira e underground que deixa a sensación de ter cabalgado nunha moto custom a través dun mundo antropomórfico de tons fantásticos.