Noticias de Hoy
encontro cantos na maré
Fecha: 13/01/2017
Horario: 20:00 a 20:00

Relatorio con Paulo Flores, en Pontevedra

Dentro da programación de Cantos na Maré o autor, compositor e interprete angolano Paulo Flores impartirá un relatorio sobre “O Semba, matriz cultural de Angola”.

O Semba é unha das danzas e xéneros musicais máis populares de Angola, resultado dun proceso complexo de fusión e transposición, para guitarra, de diversos ritmos de percusión africana. Xurdiu durante os anos 50 e 60, comezando tradicionalmente con danzas de salón urbanas. Hai quen defende que este xénero, xenuinamente angolano, foi levado polos escravos a partir do século XVI para o Brasil e as Caraíbas.