Noticias de Hoy
23131782_1945279192393908_2256946694102707466_n
Fecha: 08/11/2017
Horario: 20:00 a 20:00

Relatorio arredor do libro de conversas "Unha ducia de galegos" en Pontevedra

Relatorio arredor do libro de conversas "Unha ducia de galegos" en Pontevedra

O que hai corenta anos podía ser conxuntura hoxe é historia. En 1976 un mozo xornalista entregaba un libro de conversas que captou as inquietudes dunha Galicia que se asomaba á nova xeira democrática e, ao tempo que recuperaba unha historia silenciada, a do galeguismo, deixaba pairar unha pregunta: ¿quen somos e cara a onde queremos ir? Hoxe o seu autor ten 65 anos e neste tempo publicou literatura e xornalismo, foi profesor e editor e agora é o presidente da Real Academia Galega. Víctor F. Freixanes recupera ese libro, Unha ducia de galegos (Galaxia), para unha nova xeración e un novo tempo.