Noticias de Hoy
ma loute D
Fecha: 07/06/2018
Horario: 00:00

Proxección do film Ma Loute

Proxección do film: "Ma Loute" en Pontevedra

Proxección en VOSE do filme “Ma Loute” (Bruno Dumont, 2016), organizada polo Cineclube Pontevedra.

Verán de 1910. Varios turistas desapareceron mentres descansaban nas fermosas praias da costa do norte de Francia. Os inspectores Machin e Malfon logo deducen que o centro das misteriosas desaparicións debe ser a baía de Slack. Nese lugar vive unha pequena comunidade granxeira e pescadora de ostras, ademais da disparatada familia Van Peteghem… Bruno Dumont volve á comedia disparatada despois de “O pequeno Quinquín” con este filme protagonizado por Juliette Binoche, Fabrice Luchii e Valeria Bruni Tedeschi.

“Ma Loute” competiu en sección oficial en Cannes e gañou os premios de Mellor Filme e Mellor Actriz no Festival de Cine Europeo de Sevilla.