Programación Festival de Cans 2018

Fecha 23-05-2018 a 26-05-2018
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Programación Festival de Cans 2018.

23 – 26 mayo 2018 – XV edición

El Festival de Cans 2018 es una cita alternativa y divertida con los mejores cortometrajes gallegos. Al mismo tiempo, es algo más que un festival de cortos: aquí hay estrenos de documentales y largometrajes, un concurso de videoclips, coloquios con cineastas y presentaciones audiovisuales, pero también hay conciertos, pasacalles, desfiles de chimpíns (pequeños tractores), senderismo y todo tipo de actividades que se reparten por toda la parroquia de Cans, en el ayuntamiento de O Porriño. Durante unos días, Cans se convierte en el epicentro del terremoto cinematográfico mundial, con o sin permiso de su hermanastro francés, el Festival de Cannes, con el que siempre coincide en fechas. Frente a la sofisticación y el glamour de la Costa Azul, nuestro festival ofrece altas dosis de naturalidad, diversión y agroglamour.

PROGRAMA COMPLETO

MÉRCORES 23 DE MAIO

10h00 | Cans do Futuro | Baixo de Bugarín
10h30 | Cans Senior. Apertura da exposición e entrega de premios | Centro de día de Torneiros
11h00 | Roteiro cinéfilo-literario con Carlos Meixide | Saída da Rotonda do Can
11h30 | Coloquio AISGE: Pioneiros. Con Manuel Lourenzo e Pilar Pereira | Baixo de Moncho
17h00 | Estrea: Versogramas. Cos directores Belén Montero e Juan Lesta e a produtora Celia Parra | Baixo de Bugarín
19h00 | Final de “Ollo de Vidro”, concurso de booktrailers e booktubers | Baixo de Bugarín
20h00 | Radio 3 en directo: El séptimo vicio, con Javier Tolentino | Baixo de Moncho
21h00 | Homenaxe ao Can e descuberta do traxe deste ano, coa música das Pandereiteiras de Cans | Rotonda do Can
21h30 | Colocación do Chimpín de Prata a Chelo Casalmorto e Constante Romero | Muro dos Chimpíns
22h00 | Noite dos veciños | Torreiro de Cans

 Presentación do xurado dos veciños
 Presentación dos guías dos camiños
 Estrea de Dona Sara: a mestra rebelde, documental realizado no Proxecto Cans 303.
 Avance do documental Catorce Cans, making of do 14º Festival de Cans.
 Actuación das Pandereiteiras de Cans e os acordeonistas Acordecans.


XOVES 24 DE MAIO

10h00 | Cans do Futuro | Baixo de Bugarín
11h00 | Roteiro cinéfilo-literario con Carlos Meixide | Saída da Rotonda do Can
11h30 | Coloquio AISGE: Igualdade. Que avanzamos no último ano? Con Berta Ojea, Tamara Canosa e Mariana Fernández | Baixo de Moncho
13h00 | Encontro sobre subtitulado e linguas minorizadas con Pablo Romero-Fresco, Alfonso Zarauza e Álvaro Gago | Baixo de Moncho
16h00 | Radio 3 en directo: El séptimo vicio, con Javier Tolentino | Casa do Cid
17h00 | Filme de apertura: British Winters. Cos directores Roque Cameselle e Andrew Turner | Círculo Recreativo Cultural
18h00 | Dálle caña! Encontro de realizadoras e realizadores de videoclips. Con Paloma Zapata e Alfonso Pato | Bar Liceum
19h00 | Chegada de Os Zoqueiros para amenizar a procesión de chimpíns | Praza do Concello
19h30 | Saída da procesión de chimpíns | Praza do Concello
20h00 | Filme de apertura: A estación violenta. Coa directora Anxos Fazáns, o escritor Manuel Jabois e os intérpretes Nerea Barros, Alberto Rolán, Xosé Barato, Antonio Durán “Morris” | Círculo Recreativo Cultural
20h30 | Showcooking cos cociñeiros Mahou Lucía Freitas, do restaurante A Tafona, e Beni Couso, do restaurante Patatouro | Praza do Concello
21h30 | Inauguración da Can Parade | Praza do Concello
22h00 | Concurso de videoclips. Presentado por Eduardo Herrero | Praza do Concello
23h30 | Concerto: Esteban & Manuel | Praza do Concello


VENRES 25 DE MAIO

10h00 | Cans do Futuro | Baixo de Bugarín
10h00 | Café con CREA: coloquio con Borja Cobeaga | Baixo de Moncho
11h00 | Roteiro cinéfilo-literario con Carlos Meixide | Saída da Rotonda do Can
11h30 | Coloquio AISGE: Acoso sexual. Con Nieve de Medina, Isabel Blanco e Nieves Rodríguez | Baixo de Moncho
13h00 | A que andas? Os filmes dende o guión. Con Ángeles Huerta, Olga Osorio, Ignacio Vilar, Roi Fernández e Laura Villaverde, Roque Cameselle e Borja Cobeaga | Baixo de Moncho
16h30 | Fillas e fillos de Cans. Avances de proxectos con Jaione Camborda, Dani de la Torre, Xacio Baño, Lois Patiño, Javi Camino, Guillermo de Oliveira e Blas Lamazares | Baixo de Moncho
17h30 | Minicans: Obradoiro de cine “Da imaxinación á pantalla” – Participa Méliès | Baixo de Carlos e Parque do Río
18h30 | Audiovisual e música: Casamance, la banda sonora de un viaje. Coa directora Paloma Zapata e o protagonista Jairo Zavala “Depedro” | Baixo de Bugarín
20h00 | Radio 3 en directo: El séptimo vicio, con Javier Tolentino | Baixo de Moncho
20h00 | Minicans: Proxección das pezas realizadas no obradoiro “Da imaxinación á pantalla” | Baixo de Carlos
20h30 | Inauguración da exposición retrospectiva de “O Bichero” de Luis Davila | Cans Voulevar
21h00 | Concerto Mahou Cinco Estrellas: Depedro | Espazo Mahou da Leira de Alicia
21h30 | Treboada Baixo Miño | Baixo do Moncho
22h00 | Desfile de chimpíns | Saída do Baixo do Moncho
22h30 | Noite das homenaxes | Torreiro de Cans

 Estrea de Catorce Cans, de Isaura Docampo, making of do 14º Festival de Cans
 Entrega dos Chimpíns de Prata a Isabel Blanco, Constante Romero e Chelo Casalmorto
 Entrega do Premio Pedigree a Chelo Loureiro e colocación da súa estrela no Torreiro

00h00 | Concerto: Triángulo de Amor Bizarro | Torreiro de Cans
01h30 | Sesión Discochimpín: David van Bylen DJ | Torreiro de Cans


SÁBADO 26 DE MAIO

10h00 | CanSonoro. Roteiro musical con Xurxo Souto | Saída da Rotonda do Can
10h00 | Primeiro pase matinal da Sección Oficial de Ficción e Animación |
10h30 | Contra o lume: proxección de pezas audiovisuais arredor do problema dos incendios | Jalpón de Alicia
11h00 | MiniCans: Proxección de curtametraxes da iniciativa Participa Méliès | Baixo de Carlos
12h00 | Coloquio na Leira con Fernando Trueba | Espazo Mahou da Leira de Alicia
13h00 | MiniCans: Retrospectiva de videoclips de Magín Blanco | Baixo de Carlos
13h00 | Pasarrúas: Banda de Música de Rubiós | Saída da Rotonda do Can
13h15 | Colocación da estrela de Fernando Trueba | Torreiro de Cans
13h30 | Segundo pase matinal da Sección Oficial de Ficción e Animación |
13h30 | MiniCans: Concerto de Magín Blanco | Parque do Río
13h30 | Sesión vermú: Banda de Música de Rubiós | Torreiro de Cans
15h30 | Desfile de chimpíns | Camiños de Cans
16h00 | Dálle caña! Encontro de curtametraxistas das seccións de ficción e animación | Espazo Mahou da Leira de Alicia
16h00 | Estrea: Sevilla y Gomorra. Co director Ángel Filgueira | Cuberto de Mucha do Peso
16h00 | MiniCans: A caixiña de mistos. Inicio de proxeccións periódicas de curtametraxes | Parque do Río
16h00 | MiniCans: Obradoiro de curtametraxes con Mr. Misto | Parque do Río
16h30 | Concerto: Mounqup | Cans Voulevar
16h30 | Primeiro pase de tarde da Sección Oficial de Ficción e Animación |
16h30 | MiniCans: Espectáculo O cinematomago, co Mago Paco | Cuberto de Pato
17h00 | Coloquio na Leira con Gracia Querejeta | Espazo Mahou da Leira de Alicia
17h00 | Primeiro pase de FuraCans: Sección Oficial de Non ficción | Casa de Mari
17h30 | MiniCans: Espectáculo Therefilms, con Paulo Pascual | Cuberto de Antonio
18h00 | Audiovisual e música: avance do documental Kevin vs. Ray + concerto de Kevin Weatherill. Coa presenza dos directores Eduardo Herrero e Manuel Lemos e o produtor Enrique Otero | Cuberto e Invernadoiro de Mucha do Peso
18h30 | Concerto: Pardo | Cans Voulevar
18h30 | Dálle caña! Encontro de curtametraxistas das seccións FuraCans e ExtraCans | Espazo Mahou da Leira de Alicia
19h00 | MiniCans: Contacontos ilustrado Unha vida de cine, con Polo Correo do Vento | Cuberto de Pato
19h15 | Colocación da estrela de Gracia Querejeta | Torreiro de Cans
19h30 | Concerto: Familia Caamagno | Torreiro de Cans
20h00 | MiniCans: Proxección das pezas realizadas no obradoiro de curtametraxes de Mr. Misto | Parque do Río
20h30 | ExtraCans: proxección de curtas internacionais con vínculos profesionais a Galicia. Coa presenza das e os cineastas | Jalpón de Alicia
20h30 | Segundo pase de FuraCans: Sección Oficial de Non ficción | Casa de Mari
20h30 | Audiovisual e música: retrospectiva Rubén Domínguez: Unha década de creación (2008-2018) + Concerto de Pantis | Invernadoiro e Cuberto de Mucha do Peso
20h30 | MiniCans: Proxección de curtas producidas por Chelo Loureiro, coa súa presenza | Cuberto de Antonio
20h45 | Segundo pase de tarde da Sección Oficial de Ficción e Animación |
22h00 | Concerto: Tanxugueiras | Cans Voulevar
22h00 | Sesión Discochimpín: Edu Romero DJ | Espazo Mahou da Leira de Alicia
23h00 | Entrega de premios | Torreiro de Cans
00h30 | Concerto: Burning | Torreiro de Cans
02h00 | Sesión Discochimpín: DJ Rafa Morcego | Torreiro de Cans

Actualidad

  • El Festival de Cans crea una sección internacional y contará con la presencia de realizadores de Brasil, Líbano,Italia y Portugal.
  • Depedro protagonizará el concierto Mahou cinco estrellas en Leira de Alicia:Antes del concierto -a las 18h30- se proyectará en el Baixo de Bugarín el documental Casamance, la banda sonora de un viaje, de la directora Paloma Zapata, con la que habrá un coloquio posterior en el que la cineasta estará acompañada por Depedro, que comparte el protagonismo del largometraje junto con el periodista de Radio 3 Ángel Carmona. En el se narrá como Jairo Zavala decide viajar a Senegal tras  los pasos de Lamine Konté, un músico que marco su infancia a través de la música que a su madre escuchaba en la cociña de la casa.

    Showcooking de Lucía Freitas

    La colaboración de Mahou con el Festival llegará también desde el ámbito de la gastronomía, con la presencia de la Cocinera Mahou Lucía Freitas, del restaurante compostelano A Tafona, una de la pocas mujeres cocineras que forman parte del prestigioso Grupo Nove y también una de las más relevantes de la gastronomía gallega actual. La chef ofrecerá un showcooking el jueves 24 de mayo en la Plaza del Ayuntamiento de Porriño combinando su experiencia ante los fogones con las propuestas innovadoras de un nuevo talento de nuestra gastronomía. En esta exhibición culinaria, la cocinera preparará una selección de “Tapas de Cinema” que los asistentes tendrán la oportunidad de degustar, y en ellas que integrará la gastronomía con el séptimo arte, elemento central del Festival de Cans.

    Se perfílará de este modo el día de la Noite Gía de los videoclips como una propuesta de ocio para todos los públicos, con una tarde-noche con muchas actividades variadas que la organización hará públicas en las próximas semanas.

MUSICA

O mesmo espírito ecléctico que traslada a selección audiovisual do Festival de Cans déixase ver no listado de artistas musicais que veñen de sumarse ao cartel desta 15ª edición. Dende nomes consagrados como os Burning ou Magín Blanco a grupos novos e cada vez máis populares como Esteban & Manuel, a proposta busca atender a todos os públicos, buscando a variedade de estilos coa calidade como denominador común. Así, sonarán en Cans dende o rock and roll de Familia Caamagno aos loops de voz de MounQup, ou dende a canción de autor negroide de Pardo ao desenfado folk de Tanxugueiras. Estas actuacións únense ao xa anunciado concerto Mahou Cinco Estrellas de Depedro o venres 25 e a varias sorpresas que o Festival prepara para anunciar nas próximas semanas, xa que estas non serán as únicas bandas que compoñan a súa programación musical.

O día grande da música en Cans será o sábado 26, que acollerá un bo número de actuacións, entre elas a da que é probablemente a banda en activo máis mítica de España: Burning. Aínda fieis ao estilo que os fixo populares, a súa actitude rock é capaz de trasladar ao público a un universo plasmado en clásicos como “¿Qué hace una chica como tú en un sitio como este?”, “Jim Dinamita” ou “Mueve tus caderas”. Burning, que se converteu na banda sonora de máis dunha xeración, logrou sobrevivir co seu rock and roll ao paso dos anos ata chegar á súa formación actual encabezada polo emblemático Johnny Cifuentes. O concerto terá lugar ás 00h00 no Torreiro, onde haberá dobre sesión de rock and roll xa que á tarde pasarán polo mesmo escenario Familia Caamagno co seu vibrante garaxe sesenteiro.

Tamén o sábado, o Voulevar acollerá as actuacións de MounQup, Pardo e Tanxugueiras, tres bandas que presentarán no Festival de Cans os seus novos traballos. MounQup é Camille Hedóuin, unha francesa afincada no rural ourensán que constrúe cancións superpoñendo bucles da súa virtuosa voz a bases electrónicas e vén de actuar en festivais do prestixio do WOMAD. Ao seu concerto seguiralle o de Pardo, que na súa carreira en solitario exerce de cantautor acústico pero incorpora os elementos de rock and roll, swing ou rhythm and blues da súa traxectoria en grupos como The Allnight Workers e detalles de folk e música latina. A programación deste escenario, apoiado pola Fundación SGAE, complétana Tanxugueiras, a principal revelación da escena folk galega actual: tres novísimas pandereiteiras galegas que conxugan un gran coñecemento da tradición cunha actitude extrovertida e un carisma escénico pouco común.

O eclecticismo da programación e a atención a públicos diversos complétase coas outras tres propostas anunciadas hoxe. Magín Blanco, autor de algún dos máis memorables discos para público infantil dos últimos anos, como A nena e o grilo, ofrecerá unha actuación no Parque do Río ás 13h30 do sábado, dentro do programa de MiniCans. Alí asistiremos tamén á primeira interpretación en directo de “Cans & Cadelas”, a canción oficial que Magín compuxo para esta edición do festival. Por último, as espectadoras e espectadores amantes do baile terán a oportunidade de desfrutar da sesión do DJ Edu Romero o sábado no espazo Mahou da Leira de Alicia e do concerto de Esteban & Manuel na Noite Gia do xoves, ao final da proxección dos videoclips da sección oficial. Este duo calificado como “o maridaxe definitivo entre a sesión vermú e a cumbia underground” recupera os ritmos latinos de verbena como o merengue e a citada cumbia e xa fixo botar unhas pezas a escenarios tan diversos como o Monkey Week ou Festival Cara B ou a Sala Apolo de Barcelona.

Sección Oficial de videoclips

A variedade dos artistas programados no Festival de Cans é común aos videoclips finalistas da Sección Oficial. Co paso dos anos, a competición de vídeos musicais da Noite Gia converteuse nun evento de gran popularidade que recolle a variedade de estilos e talentos presente nas cancións da escena galega e nos realizadores e realizadoras que lles poñen imaxes. Deste xeito, na selección desta 15ª edición do Festival o abano vai, no visual, dende o traballo co found footage de Adrián Canoura á sensibilidade paisaxística de Montse Piñeiro ou Xaime Miranda, pasando pola animación de Myriam Pato ou Rubén Domínguez. O formato do videoclip permite a cada cineasta traballar con liberdade, e esta mostra recolle tanto exemplos de experimentación formal como pezas narrativas, con aproximacións a xéneros cinematográficos como o thriller de José Miguel Sagüillo para o “Sal y sangre” de Selvática ou a road movie de Mar Catarina para o “Papá borracho” de Ataque Escampe. Participan tamén algunhas das persoas premiadas xa en edicións anteriores, como Javi Camino ou Soledad Rebollo, e por terceiro ano consecutivo varios dos autores e autoras dos clips xuntaranse para o encontro aberto “Dalle caña!”, no que debaterán sobre a súa experiencia e proceso creativo.

O xornalista da TVG Eduardo Herrero será o encargado de presentar a sesión desta Sección Oficial de videoclips do Festival de Cans, que terá lugar o xoves 24 ás 22h00 na Praza do Concello. O listado das bandas e artistas que sonarán tamén está marcado pola diversidade: o público escoitará tanto o hip hop combativo de Ezetaerre como o folk intimista de Peña, pasando polo rock alternativo de You Dog!!, o noise de Disco Las Palmeras, o trap de Boyanka Kostova ou a electrónica da Baiuca. A relación completa de pezas a concurso é a seguinte:

  1. Peña – “Fai o que queiras”. Dirixe: Montse Piñeiro.
  2. Silvia Penide con Eladio Santos – “Sobre el mismo alambre”. Dirixe: Myriam Pato.
  3. Selvática – “Sal y sangre”. Dirixe: José Miguel Sagüillo.
  4. Ataque Escampe – “Papá borracho”. Dirixe: Mar Catarina.
  5. You Dog!! – “The Battle of the Good Men”. Dirixen: Pablo Banga e Antonio Caeiro.
  6. A Veces Ciclón – “Devalo”. Dirixe: Rubén Domínguez.
  7. Linda Guilala – “Primavera negra”. Dirixe: Sara Chuerches.
  8. Oh Ayatollah! – “Volve a canción protesta”. Dirixe: Xaime Miranda.
  9. Disco Las Palmeras! – “Hoy”. Dirixe: Javi Camino.
  10. Baiuca – “Camiños”. Dirixe: Adrián Canoura.
  11. Ezetaerre – “Acto I: O fío vermello”. Dirixe: Juan Pirola.
  12. Breakin’ Bones – “Puertohurraco”. Dirixe: Daniel Alonso.
  13. Pantis – “Mar”. Dirixe: Rubén Domínguez.
  14. Pólvora – “Isla Futura”. Dirixe: Soledad Rebollo.
  15. Boyanka Kostova – “Eu non sei por que”. Dirixe: Alicia Alonso.
  16. Chicharrón – “Suicidio tímido”. Dirixe: Xoan Escudero.
  17. Mequetrefe – “Finlandia”. Dirixe: Xaime Miranda.
  18. BALA – “Omertá”. Dirixe: Gero Costas.

‘El séptimo vicio’ instalarase en Cans

A programación do Festival vén de sumar outra presenza fundamental do mundo do cinema en España: Radio 3 fará unha programación especial en Cans para celebrar o 15º do certame. Javier Tolentino realizará tres días consecutivos en Cans o seu programa El Séptimo Vicio, o programa de referencia dos cinéfilos e cinéfilas.

Esta exhaustiva e completa cobertura, da que normalmente só son obxecto os principais festivais internacionais, indica a cada vez maior relevancia do Festival de Cans no sector. O público poderá acceder á realización en directo de varios destes programas en lugares tan emblemáticos do Festival coma o Baixo do Moncho e gozar das entrevistas, encontros cos cineastas e actuacións musicais deste espazo clásico da radio.

 
 

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×