Noticias de Hoy
apego outono 2017
Localidad: Ourense
Fecha: 09/11/2017
Horario: 17:30 a 17:30

Programa Apego no outono en Pontevedra

Programa Apego no outono en Pontevedra

Detalles do Evento

A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra pon en marcha unha nova quenda de actividades dentro do programa Apego. O programa abrangue distintas actividades dirixidas ás familias que xa teñen fillos e fillas ata 6 anos ou que están agardando un novo membro; todas elas son de balde, e é necesario inscribirse no seguinte FORMULARIO.

Máximo 25 familias por obradoiro, 1 ou 2 adultos con nenas e nenos das idades indicadas en cada actividade. Todos os obradoiros serán na sala Bolechas da Casa da Luz.

Levade unha mantiña ou esteira para sentardes no chan.

PROGRAMA DE OBRADOIROS

Faladoiro e bebeteca; de 0 a 3 anosFaladoiro de crianza e bebeteca Montessori, con Sara Pena de Rachachán.

Faladoiro de crianza e sobre actividades Montessori no fogar coa preparación de espazos para a crianza nos primieros anos de vida. Na mesma sala haberá materiais Montessori para que xoguen os bebés.

Xoves 9 de novembro, ás 17.30 horas (1 hora 30 min.)

Obradoiro de contos; de 1 a 3 anos

Contos pequeniños, con Cris de Caldas.

Cantos e contos para compartir, explorar e recordar en familia. Xogos de man, recursos tradicionais, visuais… Un achegamento á riqueza da oralidade para xogar coas máis pequerrechas e cos máis pequerrechos da casa.

Xoves 16 de novembro, ás 18.15 horas (35 min.)

Obradoiro, exposición e charla; de 2 a 6 anos

Contos, contiños para medrar todos xuntiños, con Cris de Caldas.

Inclúe: unha sesión de contos, con historias que transmiten valores de igualdade e rachan estereotipos machistas e clasistas. Un pequeno obradoiro para realizar unha manualidade creativa en familia. Unha pequena exposición de libros infantís cunha charla informativa sobre os libros expostos, sobre o valor da lectura en voz alta e con consellos básicos para lerlles ás nenas e aos nenos; asesoramento sobre lecturas para compartir que transmitan igualdade, reparto equitativo de roles sociais e novos modelos de familia.

Venres 24 de novembro, ás 18.00 horas (70 min.)

apego