Noticias de Hoy
wikimaraton
Fecha: 28/11/2015
Horario: 10:00 a 10:00

Primeiro Wikimaratón do Audiovisual en Pontevedra

O vindeiro sábado día 28 de novembro vaise a celebrar en Pontevedra o Primeiro wikimaratón do Audiovisual. Este evento está promovido pola Academia Galega do Audiovisual e a Galipedia, e nel farase un obradoiro de introdución á edición da wikipedia e logo traballarase para mellorar artigos relacionados co audiovisual.

Esta xornada está aberta a todos os interesados en iniciarse na colaboración co proxecto da Galipedia e será unha boa oportunidade de achegarse á wikipedia da man de varios dos seus administradores.

Programa de actividades
10:00-10:30 Benvida e presentación da xornada.
10:30-11:00 Que é a Galipedia? Filosofía, principios, organización, comunidade.
11:00-11:30 Como se edita a Galipedia? Introdución á edición co Editor visual.
11:30-11:50 Pausa para o café.
11:50-12:00 Repaso de obxectivos de edición e distribución de tarefas.
12:00-13:45 Edición dos artigos.
13:45-14:00 Revisión do traballo realizado e planificación do traballo restante.