Noticias de Hoy
Fecha: 29/01/2019
Horario: 20:00 a 20:00

Presentación do libro: Memoria do silencio, en Pontevedra

Presentación do libro: Memoria do silencio, en Pontevedra.

A escritora Eva Mejuto presenta a súa nova novela 'Memoria do silencio' acompañada de María Xesús López Escudeiro (profesora de francés, estudosa e activista da memoria histórica) e Fran Alonso (editor). O acto que se celebrará na Casa da Luz, contará coa presenza de Su Garrido Pombo que interpretará varias pezas musicais.

Memoria do silencio, editada por XERAIS e finalista dos premios Jules Verne, narra a historia de Lola e das súas irmás Xulia e Amparo que, desde a súa cantina na estación de tren, axudaron a fuxir a centos de persoas da barbarie nazi. Esta historia está tamén enlazada coa de Frieda Belinfante, a primeira muller directora de orquestra en Europa, que formou parte da resistencia holandesa e participou nun importante atentado en Amsterdam contra a ocupación nazi.