Noticias de Hoy
fariña pont 978x435
Fecha: 10/12/2020
Horario: 18:00 a 18:00

Ponteatro: Fariña

Teatro Principal

Fariña conta a historia das últimas décadas de Galicia e de como foi posible que mentres unha xeración de rapaces e rapazas perdía a súa vida no labirinto da droga, unha serie de persoas vía crecer de maneira exponencial o seu poder económico a través dunha actividade ilícita como é o narcotráfico, utilizando para iso as vías establecidas para o tráfico de tabaco.

O espectáculo teatral Fariña vén dar un paso máis nesta necesaria confrontación coa nosa historia recente, tratando de dar voz aos que non a tiveron ata agora, e transformando as palabras de Nacho Carretero na vida escénica.

O espectáculo contará con pases ás 18 e 22 horas o 10, 11 e 12 de decembro e ás 17.30 e 21.30 o domingo 13.

As entradas para os 4 pases dobres dos días 10, 11, 12 e 13 de decembro sairán á venda nas próximas semanas en Ataquilla.com.